Catedral de Santo Isaac o Sirio e San Xurxo (Doha)

A catedral de Santo Isaac o Sirio e San Xurxo é unha igrexa ortodoxa baixo o patriarcado de Xerusalén, actualmente en construción, localizada na capital de Qatar, Doha.

Catedral de Santo Isaac o Sirio e San Xurxo (Doha)
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Os terreos onde está a igrexa foron doados polo emir Hamad bin Khalifa. A construción comezou en 2009, e está previsto que remate en 2018.[1] A catedral dará servizo aos arredor de 12.000 fieis ortodoxos que viven en Qatar. Está previsto que a nave principal do templo teña capacidade para 700 persoas.

O templo é a sé da arquidiocese de Qatar, parte da Igrexa ortodoxa de Xerusalén, aínda que a xurisdición sobre o país asiático é discutida pola Igrexa ortodoxa de Antioquía. O 13 de decembro de 2013 Makarios Mavrogiannakis foi consagrado como arcebispo de Qatar.

Notas editar

  1. "Church accommodating 700 faithful to open in Qatar by end of year". Igrexa ortodoxa serbia. 27 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar