Catarina Paraguaçu
Catarina Álvares Paraguaçu,[1] nada en Baía en 1495 e finada en ibídem o 26 de xaneiro de 1583, foi unha indíxena tupinamba, da rexión onde hoxe se atopa o estado da Baía. Segundo a certificado do bautismo, realizado o 30 de xullo de 1528 en Saint-Malo, en Francia, e atopado no Canadá, o seu nome verdadeiro sería "Guaibimpará" e non "Paraguaçu" (nome que significa "mar grande"), como rexistra frei Santa Rita Durão no seu poema Caramuru.
Monumento do dous de xullo, Salvador. Alegoría de Catarina Paraguaçu. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1503 Baía, Brasil |
Morte | 26 de xaneiro de 1583 (79/80 anos) Baía, Brasil |
Outros nomes | Catarina do Brasil |
Familia | |
Cónxuxe | Caramuru |
Traxectoria
editarFoi ofrecida como esposa polo seu pai, o cacique Taparica, ó náufrago portugués Diogo Álvares, o Caramuru, que gozaba de grande preminencia entre os tupinambás de Baía. Adoptou o nome cristián de Catarina do Brasil. Catarina e Diogo Caramuru formaron a primeira familia cristiá do Brasil. Alén diso, eles formaron a primeira familia documentada do Brasil. É considerada a nai simbólica da nación brasileira.[2] Faleceu en idade avanzada o ano de 1583 e elaborou testamento existente até hoxe no Mosteiro de San Bento da Baía no cal deixa seus bens para os monxes beneditinos. Os seus restos mortais repousan na Igrexa e Abadía de Nosa Señora da Graza, en Salvador.[2][3]
Unha imaxe de Catarina Paraguaçu se encontra aos pés do Caboclo do dous de xullo, monumento localizado na praza do Campo Grande no centro de Salvador.
Notas
editar- ↑ Segundo o certificado de nacemento de Catarina,o seu nome orixinal era Guaibimpará, e non Paraguaçu.
- ↑ 2,0 2,1 Missa lembra valor histórico da índia Catarina Paraguaçu Arquivado 15 de xullo de 2020 en Wayback Machine. (1999), recuperado em 14/09/2015
- ↑ Ribeiro, Carlos Leite. Caestamosnos.org, ed. "Efemérides - Caramuru (Diogo Álvares Correia) - Morreu a 06 de Outubro de 1557".