Catalina González
Catalina González Bea, nada en Portonovo (Sanxenxo) en 1965, é unha política galega
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Catalina González Bea 1965 (58/59 anos) Portonovo, España |
Alcaldesa de Sanxenxo | |
decembro de 2006 – 2015 ← Telmo Martín | |
Actividade | |
Ocupación | política, redeira |
Traxectoria
editarFoi redeira. Concelleira de Sanxenxo polo PPdeG dende 1995, foi tenente de alcalde e concelleira responsable do Organismo Autónomo Terra Sanxenxo. Cando o alcalde Telmo Martín renunciou ao cargo, foi elixida alcaldesa en decembro de 2006[1]. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Volveu ser elixida alcaldesa, pero sen maioría absoluta, nas municipais de 2011. Cesou no seu cargo logo das municipais de 2015, ás que decidiu non presentarse, sendo substituída no cargo por Gonzalo Pita.
En xaneiro de 2019 fundou o partido Xuntos por Sanxenxo, co que se presentou ás eleccións municipais dese ano.
Predecesor: Telmo Martín |
Alcaldesa de Sanxenxo 2006 - 2015 |
Sucesor: Gonzalo Pita |