Abrir o menú principal
Retrato de Catarina de Alexandría, de Bernardino Luini
(Museo Nacional de Arte de Acerbaixán.)

Catarina[1][2] é un nome propio feminino de orixe grega (de Αἰκατερίνα,katharós(puro), co significado, logo, de pura, inmaculada, graciosa) na súa variante en lingua galega. Acepta as variantes: Caterina, Cateliña, Cataliña, Catalina. Tamén existe a variante moi documentada, tamén diminutivo, Catuxa[3]. É popular nos países cristiáns, xa que foi o nome dunha das primeiras santas cristiás, Catarina de Alexandría.

A forma Catarina é tamén a forma común do nome en portugués, occitano e italiano[4].

Índice

Orixe e sinificadoEditar

O nome provén do grego Αἰκατερίνα ou Αἰκατερίνη (Aikaterina, Aikaterinē), de etimiloxía descoñecida. A primeira referencia de uso do nome é a de Santa Catarina de Alexandría. A teoría de que o nome vén de Hécate, nome da deusa grega da maxia, disque é improbábel,[5].

O nome asóciase tamén co adxectivo grego καθαρός (katharos), que significa "pure", que leva á escritura das variantes inglesas do nome Katharine e Katherine. A forma, cun e no medio (Caterina) documéntase tamén en galego, en inglés tamén existen as variantes con a (Katharine, máis propia dos EUA) e con e (Katherine máis propia de Gran Bretaña).[6]

O nome en GalizaEditar

Existen 4 parroquias en Galiza onde Santa Catarina é padroa (véxase: Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Catarina), dúas delas coa variante do nome Catalina. Ademais Santa Cateliña é un lugar da parroquia do Mundil, no concelle de Cartelle; e Santa Cataliña é un lugar da parroquia de Tal, no concello de Muros.

En xaneiro de 2016, 147 mulleres levaban o nome de Catarina en Galiza[7]. A variante Catuxa lévana 65 mulleres en Galiza[8].

SantoralEditar

DiminutivosEditar

  • Galego: Catuxa, Cata, Catia.
  • Inglés[9]: Katie, Katy, Kate, Kathy, Kathe, Kath, Kay, Kat, Katya, Katyusha, Kitty, Kit, Kasia, Kaya, Kaká, Kah, Kee e outros.

Variantes noutras linguasEditar

Variantes noutras linguas
Albanés Katrina
Alemán Katharina
Bretón Katell
Búlgaro Екатерина (Ekaterina)
Castelán Catalina, Katia, Karen, Catina
Catalán Caterina
Checo Kateřina
Croata Katarina
Dinamarqués Katharina
Eslovaco Katarína
Esloveno Ekaterina
Estoniano Katariina
Éuscaro Katarin, Katalin, Katixa
Finlandés Katariina
Francés Catherine
Galego Catarina, Catuxa
Grego Αικατερίνη (Aikaterínê)
Holandés Catharina, Katrijn
Húngaro Katarina, Katalin
Inglés Katherine, Catherine, Karen, Katie
Irlandés Caitríona, Caitrín, Catraoine, Caitlín
Islandés Katrín
Italiano Caterina
Latín Catharina
Letón Katrīna
Lituano Katerina
Noruegués Katarina
Polaco Katarzyna
Portugués Catarina, Catalina
Romanés Ecaterina, Catalina
Ruso Екатерина (Yekaterina), Каренина (Karenina), Катя (Katya)
Sardo Catalìna
Sueco Katarina
Ucraíno Катерина (Kateryna)
Xeorxiano ეკატერინე (Ekaterine)

NotasEditar

  1. Variante do nome en galego en Diccionario galego-castelán, Leandro Carré Alvarellos (1951): Terceira Edizón, A Coruña, Roel
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417. 
  3. Xa aparece nos escritos de Frei Martín Sarmiento do século XVIII coa escritura antiga Catuĵa: Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)
  4. "MFnames.com - Origin and Meaning of Catarina". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2017. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  5. Patrick Hanks e Kate Hardcastle, eds., Oxford Dictionary of First Names, 2nd ed. (Oxford: Oxford University Press, 2006), 154.
  6. Withycombe, E. G. (1976). The Concise Dictionary of English Christian Names (3rd ed.). London: Omega Books. ISBN 1-85007-059-8. 
  7. Catarina no Instituto Nacional de Estadística
  8. Catuxa no Instituto Nacional de Estadística
  9. Engadimos os diminutivos en inglés por ser moi comúns na ficción que chega a Galiza

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3. 
  • Tibón, Gutierre (1994). Diccionario etimológico comparado de nombres propios de persona. Fondo de Cultura Económica, México. ISBN 968-16-2284-7. 
  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2.