Catálogo de Ikea

O Catálogo de Ikea é unha publicación publicitaria de periodicidade anual editada e publicada pola multinacional sueca Ikea. O folleto ten entre trescentas e catrocentas páxinas e amosa máis de dez mil artigos comerciais.

Historia editar

Foi primeiramente publicado en 1951. A edición de 2013 publícase en 43 países. Co gallo da apertura da tenda de Ikea na Coruña repartíronse 600.000 exemplares da edición de 2011 en Galiza dos cales 33.000 foron da edición en galego. O catálogo titulábase na capa: Ikea, viva a república independente da miña casa.[1] Desta edición en España repartíronse 9,2 millóns de exemplares e no resto do mundo 197 millóns.[2] En España o catálogo de Ikea está dispoñible en español, inglés, catalán, éuscaro e galego.

O catálogo de Ikea inclúe fotos dos novos produtos e habitacións totalmente decoradas con eles. As imaxes amosadas, ata o 75%, son xeradas por ordenador. O primeiro produto xerado virtualmente en 3D foi a cadeira Bertil en 2006. A primeira habitación xerada por ordenador data de 2010. Os modelos son creados mediante aplicacións coma 3DStudio Max ou V-Ray. Os render xerados por estes programas son tratados posteriormente con Photoshop para que semellen máis reais as imaxes e amosar pequenos defectos que as fagan máis cribles.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns internas editar