Castromiñán

poboado fortificado en Sardiñeiro, Fisterra

Castromiñán, tamén denominado Castro de Castromiñán ou Torre do Castelo, é un poboado castrexo costeiro, probablemente datado na idade de ferro tendo en conta a súa tipoloxía, aínda que nunca foi obxecto de escavacións arqueolóxicas científicas.

Castromiñán
ParroquiaSardiñeiro
ConcelloFisterra
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15037001
Cronoloxía
Datas de ocupaciónindeterminada
Estado actualsen escavar
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

Descrición

editar

O castro está situado nun promontorio costeiro defendido por, cando menos, dúas liñas de muralla, moi visibles en superficie. O espazo interior é extraordinariamente reducido: nel poden albiscarse algunhas outras estruturas de terra e pedras, a modo de hipotética "atalaia". Na contorna existen varios mananciais de auga.

Figuras legais de protección

editar

Castromiñán pertence ó ámbito da Rede Natura. Así mesmo, os cantís de Castromiñán e Denle están considerados espazos de interese paisaxístico no Plan de Ordenación do Litoral. A lexislación urbanística protexe este lugar, dado que está incluído nas normas subsidiarias provinciais do ano 1996. Ademais, está incluído no arquivo arqueolóxico da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia co código GA15037001.

Sucesos recentes

editar

Este lugar foi escenario do accidente do Cason, o barco de bandeira panameña que varou preto da Punta do Castelo no ano 1987, no que finaron 22 dos seus tripulantes, todos eles de nacionalidade chinesa.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar