Castro de Riotorto

poboado fortificado en Cabovilaño, A Laracha


O castro de Riotorto, tamén chamado Os Castros ou o Petón do Castro, era un castro situado na parroquia de Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha.

Castro de Riotorto
ParroquiaCabovilaño
ConcelloA Laracha
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15041004
Cronoloxía
Períodos de escavación1992
Estado actualDesaparecido
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía

editar

O sitio arqueolóxico foi destruído polos movementos de terras derivados das obras de construción da autovía AG-55, entre A Coruña e Carballo. Consérvase só unha pequena parte do recinto, pero non é accesible.

Constaba dun único recinto fortificado de forma ovalada protexido por un terraplén de 5 metros de altura. A croa estaba protexida polo leste por un pequeno antecastro rodeado por un parapeto de metro e medio de altura exterior.

As dimensións do conxunto eran de 52 metros no eixo norte-sur e 75 no leste-oeste.

Arqueoloxía

editar

Foi escavado por un equipo de arqueólogos dirixido por Purificación Soto Arias en 1992, con motivo das obras da autovía.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar