Castro de Montes Claros

poboado fortificado en Vilaño, A Laracha
(Redirección desde «Castro de Montesclaros»)

Coordenadas: 43°14′40″N 8°36′22″O / 43.24448, -8.60602

O castro de Montes Claros[1] é un poboado castrexo situado na parroquia de Vilaño (A Laracha). O castro, un dos 19 existentes no concello, está situado nun outeiro sendo unha construción fortificada. As súas medidas de leste a oeste son de 150 metros por uns 140 metros aproximadamente de norte a sur, e noroeste-sueste de 175 metros, por 120 de suroeste-nordés. O castro está catalogado pola Xunta e no PXOM. Semella ter dous accesos un na zona oeste e a outra pola zona sueste. Todo o cumio do monte é unha plantación de eucaliptos.

Castro de Montes Claros
ParroquiaVilaño
ConcelloA Laracha
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de ferro
Estado actualabandono
Extensión estimada1,65 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

En xaneiro de 2020, en base ao Plan Especial de Patrimonio Cultural, o concello de Laracha concluíu a expropiación da totalidade das parcelas que conteñen o castro[2], procedendo a unha importante deseucaliptización co obxectivo de poñer en valor o xacemento arqueolóxico.[3]

Notas editar

  1. Castro de Montes Claros na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. "Canto custa un castro?... e un menhir?". Historia de Galicia. 2020-01-12. Consultado o 2021-02-17. 
  3. "Así se ve un castro antes e despois da súa deseucaliptización". Historia de Galicia. 2021-02-16. Consultado o 2021-02-17. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar