Castro de Formigueiros
O castro de Formigueiros é un poboado castrexo da Idade de Ferro situado preto do lugar da Airexa, na parroquia de Formigueiros, no concello lucense de Samos. Está a 785 metros sobre o nivel do mar, encravado no extremo occidental da serra do Édramo, que fai de divisoria entre os concellos de Samos ao norte e O Incio ao sur.
Castro de Formigueiros | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | castro ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Samos | |||
Parroquia | Formigueiros ![]() | |||
Datas | ||||
Ocupación | III-II a. C.,metade do século I | |||
Escavación | 2006 a 2008 | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 5 | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | GA27055001 | |||
[ Wikidata ] |
Morfoloxía
editarSobre o perfil da montaña destacan as súas potentes murallas, circundadas por un labiríntico sistema de foxos e parapetos. Sorprende a complexidade e extensión das defensas fronte o reducido da zona habitacional. Das 5 ha totais, o interior da croa só ocupa uns 2000 metros cadrados.
Arqueoloxía
editarFoi obxecto de escavacións arqueolóxicas dende os anos 2006 a 2008. Definíronse dúas ocupacións. A primeira, comezaría nos séculos III-II a. C., remata na primeira metade do século I. Logo parece que foi abandonado e detéctase unha nova ocupación, con construcións levantadas sobre os derrubes das casas e da muralla. Os indicios apuntan a unha fase romana tardía ou posterior.
Atopáronse lousas decoradas con círculos, cabalos e peixes nunha praciña do poboado.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Meijide, Gonzalo; Vilaseco, Xosé Ignacio; Blaszczyk, Jacek (2009). "Lousas decoradas con círculos, cabalos e peixes procedentes do castro de Formigueiros (Samos, Lugo)". Gallaecia (28): 113–130. ISSN 0211-8653.