Castro da Braña
O Castro da Braña é un poboado castrexo situado no lugar das Painceiras nos lindes da parroquia de Visantoña (Mesía) con Filgueira de Traba (Oza-Cesuras).
Castro da Braña | |
---|---|
Parroquia | Visantoña e Filgueira de Traba |
Concellos | Mesía, Oza-Cesuras |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15026010 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Idade de ferro |
Estado actual | destruído |
Extensión estimada | 0,52 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Morfoloxía
editarO castro apréciase que ten unha forma ovalada e que abrangue 84 por 62 metros, sendo os dous eixos en dirección LSL-ONO e SSE-NNO. Orixinariamente debeu ser de menor tamaño. Conserva un parapeto nunha zona pequena do norte dunhas dimensións de 2 metros de altura no interior e uns 3 metros no exterior. O foxo, que semella que circundaba a totalidade do castro, non supera o metro de profundidade. Un corte do parapeto permite ver a súa estrutura interna e que se trata dunha mestura de pedras de xisto e terra. Os terrapléns que se conservan son pequenos, entre o metro e os dous metros, e só parecen ser maiores no noroeste, onde poderían acadar os 3 metros de altura[1].
Arqueoloxía
editarNon se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
Conservación
editarObras de achanzamento e actividades agrícolas destruíron case todo o recinto, sendo o estado de conservación pésimo[1].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 [1] Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |