Castor García Fernández
político español
Castor García Fernández, nado en Viana do Bolo o 20 de marzo de 1813 e finado en Madrid o 17 de maio de 1891, foi un político galego.
Castor García Fernández | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1813 |
Lugar de nacemento | Viana do Bolo |
Falecemento | 17 de maio de 1891 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de José Manuel García Araújo e Francisca Fernández Maldonado. Foi deputado provincial. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Xinzo de Limia nas eleccións de 1865. Durante o Sexenio Democrático foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Bande eleccións de 1871 e polo de Xinzo de Limia en 1872. Na Restauración foi elixido senador pola provincia de Ourense nas lexislaturas de 1876 e 1877, deputado polo distrito de Verín nas eleccións de 1879 e polo de Ponteareas nas de 1881 e outra vez senador por Ourense en 1884, 1886 e 1891.