Castelo dos Infantes, Sarria

parroquia civil do concello de Sarria

Santiago de Castelo dos Infantes é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 44 habitantes (20 homes e 24 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 50 habitantes.

Castelo dos Infantes
ConcelloSarria[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°46′02″N 7°22′53″O / 42.76711111, -7.38130556
Poboación47 hab. (2017)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Lendas

editar

Segundo a lenda[2], nun castelo de Castelo dos Infantes vivía un nobre que tivo que ir á guerra co islam cando a súa dona estaba embarazada. Chegado o momento do parto, a dona tivo sete meniños, o que a asustou en extremo. Téñase presente a crenza en que os partos múltiples se achacaban a manter relacións sexuais con varios homes.

Para evitar problemas co seu home, ordenou a unha criada que os matara, a todos menos ó primoxénito, deixándoos nunha cesta aboiando no río. Cando a criada ía facelo aparecéuselle un cabaleiro preguntando qué tiña na cesta, ó que contestou dicindo que eran varios cadelos. O cabaleiro insistiu e a criada terminou contándolle a verdade. Entón, o cabaleiro tomou os meniños e confiounos a un figalgo amigo seu, esixiendo á criada que non contase o sucedido.

Pasados os anos, o rapaz que quedara na casa alcanzou a maioría de idade e a nai celebrou unha festa no seu honor[3]. Pero durante a celebración entran no palacio os seis irmáns. A nai recoñeceunos e, co asombro, morre.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Castelo dos Infantes

editar
Lugares da parroquia de Castelo dos Infantes no concello de Sarria (Lugo)

Castelo

Parroquias de Sarria

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sarria

Albán (Santa María) | Barbadelo (Santiago) | Belante (Santa María) | Betote (San Vicenzo) | Biville (San Miguel) | Calvor (Santo Estevo) | O Camiño (San Mamede) | Castelo dos Infantes (Santiago) | Cesar (San Salvador) | A Chanca (San Mamede) | Chorente (San Xulián) | Corvelle (Santa María) | Fafián (San Xoán) | Farbán (Santiago) | Ferreiros (San Sadurniño) | Fontao (San Martiño) | Frades (San Xulián) | Goián (San Miguel) | Lier (Santa María) | Loureiro (San Martiño) | Lousadela (Santo Estevo) | Louseiro (San Martiño) | Maside (San Pedro) | O Mato (San Salvador) | Meixente (San Xulián) | Nespereira (Santiago) | Ortoá (Santa María) | A Pena (Santa María) | Piñeira (San Miguel) | A Pinza (San Salvador) | Requeixo (San Martiño) | Rubín (Santa Mariña) | San Fiz de Reimóndez (San Pedro Fiz) | San Fiz de Vilapedre (San Fiz) | San Miguel de Vilapedre (San Miguel) | San Pedro de Froián (San Pedro) | San Sadurniño de Froián (San Sadurniño) | San Salvador da Pena (San Salvador) | San Vicenzo de Froián (San Vicenzo) | San Xulián da Veiga (San Xulián) | Santalla de Arxemil (Santalla) | Santo André de Paradela (Santo André) | Santo Antolín (Santa Eufemia) | Santo Estevo do Mato (Santo Estevo) | Sarria (San Salvador, Santa Mariña, Nosa Señora do Rosario) | Seteventos (San Pedro) | A Veiga (Santiago) | Vilamaior (Santa María) | Vilar (Santa María) | Vilar de Sarria (San Salvador)

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Vaqueiro, V. (2011). Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Vigo: Galaxia. p. 446. 
  3. Nunha variante da mesma lenda, a festa celébrase co gallo da primeira comuñón do meniño.

Outros artigos

editar