Castanopsis cuspidata

especie de planta

Castanopsis cuspidata

Lámina de Castanopsis cuspidata
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Castanopsis
Especie: C. cuspidata
Nome binomial
Castanopsis cuspidata
(Thunb.) Schottky, 1863
Variedades e Formas
Véxase o texto

Castanopsis cuspidata é unha especie da familia das fagáceas pertencente ao xénero Castanopsis.

É orixinaria do sur do Xapón (illas Kyūshū e Shikoku) e do sur da península coreana.

Hábitat e distribución editar

Crece en bosques e barrancos, particularmente cerca do mar, no Xapón e Corea do Sur. Ademais das illas anteriormente citadas, no Xapón encóntrase tamén noutras illas menores achegadas, pero non nas Ryukyu.[2] En Corea del Sur a especie non está tan estendida, e só se encontra nas partes máis meridionais da península e na illa Jeju.[3]

Segundo as localizacións rexistradas no Xapón, e as estimacións en Corea do Sur, a área de distribución da especie é duns 397 513 km2.[1]

O hábitat de Castanopsis cuspidata está actualmente en declive nalgunhas partes da súa área de distribución. No Xapón, as laurisilvas están diminuíndo en calidade debido á explotación humana descontrolada, o que levou á fragmentación e á contracción destes bosques.[1]

Características editar

As principais características desta especie son:[4]

  • É unha árbore perennifolia de tamaño medio, de 20 a 30 m de altura, semallente á dos carballos e as faias.
  • A súa codia lisa leva lenticelas.
  • As follas, simples e de disposición alterna, teñen forma de lanceolada a ovalada. Cunha textura bastante resistente, lisa e sen pilosidade, son persistentes e teñen unha aparencia de coiro brillante. O seu bordo, ás veces moi lixeiramente ondulado, ten dentes. O pecíolo mide de 5 a 10 mm e a folla completa, mide de 5 a 10 cm de longo e de 2 a 3 cm de largo. A súa cara superior face) é de cor verde escuraa, e a inferior (revés) ten escamas pequenas que a fan máis parda ou gris apardazada.
  • Os amentos masculinos miden de 5 a 10 cm de longo.
  • Os froito, tipo noz, teñen un diámetro medio de 8 a 10 mm e unha lonxitude de 14 mm.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1863 por (Thunb.) Schottky e publicada en Journal of Botany, British and Foreign 1 (6): 137, 182. 1863.[5]

Nota taxonómica editar

Inicialmente denominada Quercus cuspidata por Carl Peter Thunberg en 1784 na súaa Flora japonica, foi renomeada en 1912 por Ernst Max Schottky na súa obra Botanische Jahrbücher für Systematik, Pflanzengeschichte und Pflanzengeographie.[5]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: [6]

  • Quercus cuspidata Thunb. in A.Murray (protónimo)
  • Pasania cuspidata (Thunb.) Oerst
  • Lithocarpus cuspidatus (Thunb.) Nakai
  • Synaedrys cuspidata (Thunb.) Koidz.
  • Pasaniopsis cuspidata (Thunb.) Kudô
  • Shiia cuspidata (Thunb.) Makino
  • Quercus cuspidata Thunb. in A.Murray
  • Pasania cuspidata (Thunb.) Oerst.
  • Lithocarpus cuspidatus (Thunb.) Nakai
  • Synaedrys cuspidata (Thunb.) Koidz
  • Pasaniopsis cuspidata (Thunb.) Kudô.
  • Shiia cuspidata (Thunb.) Makino
  • Quercus cuspidata Thunb. in A.Murray
  • Pasania cuspidata (Thunb.) Oerst.
  • Lithocarpus cuspidatus (Thunb.) Nakai
  • Synaedrys cuspidata (Thunb.) Koidz.
  • Pasaniopsis cuspidata (Thunb.) Kudô
  • Shiia cuspidata (Thunb.) Makino

Variedades e formas editar

Definíronse as seguines variedades e formas da especie:[6]

  • Castanopsis cuspidata f. angustifolia (G.Nicholson)
  • Castanopsis cuspidata f. angustifolia Nakai.
  • Castanopsis cuspidata f. aurescens Nakai
  • Castanopsis cuspidata f. awanoi (Yanagita) Nakai
  • Castanopsis cuspidata var. carlesii (Hemsl.) T.Yamaz.
  • Castanopsis cuspidata f. latifolia (G.Nicholson) Rehder & E.H.Wilson in C.S.Sargent
  • Castanopsis cuspidata f. ligustrifolia (Koidz.) Nakai
  • Castanopsis cuspidata var. longicaudata (Hayata) S.S.Ying
  • Castanopsis cuspidata var. lutchuensis (Koidz.) Masam
  • Castanopsis cuspidata f. pluricarpa Nakai
  • Castanopsis cuspidata f. pusilla (Blume) Nakai
  • Castanopsis cuspidata f. serratifolia (Makino)
  • Castanopsis cuspidata var. sieboldii (Makino)
  • Castanopsis cuspidata var. thunbergii (Makino)
  • Castanopsis cuspidata f. variegata (G.Nicholson)

Usos editar

Esta especie úsase para a revexetación, e para obter zonas de sombra e refuxio para as aves, e tamén se planta como árbore ornamental. A súa madeira úsae para obter carbón vexetal e polpa de papel.[7]

Ameazas editar

A especie está ameazada pola perda de hábitat no Xapón, como resultado da explotación humana dos bosques.[8] Descoñécese a magnitude desta ameaza. Noutras áreas, sábese que a especie está indo ben.[9] A especie non está ameazada en Corea.[1]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que a especie está moi estendioda no Xapón, e é unha árbore de sucesión tardía que a miúdo forma parte da vexetación clímax da laurisilva, e de que nalgunhas áreas mostra un aumento na súa área de distribución, aínda que noutras o seu hábitat, e polo tanto a área da especie está experimentando unha diminución como resultado da explotación humana, aínda que a importancia desta ameaza non se coñece actualmente, non se espera que cause unha diminución que a faga chegar a unha categoría de ameaza importante nos próximos 100 anos, polo que avalía o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Barstow, M. (2018): Castanopsis cuspidata na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 2 de xullo de 2020.
  2. Hiroki, S. & Ichino, K. (1998): "Comparison of growth habits under various light conditions between two climax species, Castanopsis sieboldii and Castanopsis cuspidata, with special reference to their shade tolerance". Ecological Research 13 (1): 65-72.
  3. Chang, C. S. & Kim, H. (2015): The Woody Plants of Korea.
  4. Ōi, Jisaburō et al. 1965, p. 380.
  5. 5,0 5,1 "Castanopsis cuspidata". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Castanopsis cuspidata". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  7. Centre for Agriculture and Bioscience International (2017): Invasive Species Compendium.
  8. Yamada, H.; Yamaguci, K. & Miyaura, T. (2002): "Effect of Japan Sea climate on geographic distribution of Castanopsis sieboldii and C. cuspidata". Journal of Forest Research 7: 67–71. (Resume).
  9. Hirayama, K.; Kawamura, S.; Nishimura, T. & Takahara, H. (2010): "Establishment of the evergreen broad-leaved tree species Castanopsis cuspidata in an abandoned secondary forest in western Japan". Journal of Plant Research 123 (5): 655-63.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar