O caso Scala foi un proceso xudicial acontecido a raíz dun incendio provocado na sala de festas Scala de Barcelona o 15 de xaneiro de 1978, que comportou a morte de catro persoas e no que se intentou inculpar as organizacións anarquistas CNT e FAI.

Os feitos editar

Durante a mañá daquel domingo 15 de xaneiro celebrouse en Barcelona unha manifestación autorizada convocada pola CNT á que asistiron unhas 15.000 persoas. Os cenetistas opúñanse ós Pactos da Moncloa ó consideralos un pacto social entre as forzas políticas e os sindicatos máis representativos, que prexudicaban á clase obreira. Acabada a manifestación, cara ás 13:15 horas, un grupo de mozos lanzaron diversos cócteles molotov contra a porta da sala de festas, provocando un incendio e posterior derrumbamento de todo o edificio e causando a morte de catro traballadores –Ramón Egea, Juan López, Diego Montoro e Bernabé Bravo-, paradoxalmente afiliados á CNT, que se encontraban no local naqueles momentos.

Os medios especularon sobre a autoría do ataque, achacándoo uns a asasinos comúns, outros a asuntos relacionados coa sala de festas e mesmo se estableceron relacións cunha campaña a favor da liberdade de expresión en apoio a Albert Boadella. Finalmente o martes 17 de xaneiro, un comunicado do Corpo Nacional de Policía informou da detención dos autores do atentado, que foron relacionados co sindicato anarquista CNT.

Un comando de la FAI (Federación Anarquista Ibérica), integrado por tres sujetos en cuyo poder se ha hallado asimismo documentación que les acredita como afiliados a la central sindical CNT ha sido autor, según la Jefatura de Policia de Barcelona, del atentado contra el restaurante-espectáculo Scala.
Agencia Pyresa

O periódico da CNT francesa da época (as páxinas en francés do Espoir, publicou en Tolosa a implicación de colaboradores da policía como autores, infiltrados na CNT xusto antes do feito.[1]

Proceso xudicial editar

A vista do Caso Scala tivo lugar en decembro de 1980. Os avogados defensores (Loperena, Palmés, Krauel e Seguí) solicitaron que o ministro de gobernación, Rodolfo Martín Villa comparecese a declarar, pero non o fixo. A posición da defensa apuntaba cara a unha montaxe policial orquestrada mediante confidentes infiltrados no sindicato CNT co obxectivo de desacreditar tal sindicato ante os traballadores e evitar así a súa progresión en Cataluña. A sentenza condenou a José Cuevas, Xavier Cañadas e Arturo Palma a 17 anos de prisión como autores dun delito de homicidio involuntario e por fabricación de explosivos; Luis Muñoz foi condenado a dous anos e seis meses por complicidade, e Rosa López, a 5 meses por encubrimento. O recurso presentado polos avogados defensores foi desestimado polo Tribunal Supremo.

Co paso dos anos foise descubrindo o papel crucial e decisivo que desempeñou o confidente da policía, Joaquín Gambín, o Grillo, tamén coñecido como o Rubio ou o Legionario, neste asunto. Foi el quen se infiltrou na CNT para dirixir o atentado. A presión da prensa sobre a policía e a ausencia de Gambín na vista do caso fixeron levantar sospeitas sobre as verdadeiras causas do atentado, provocando incluso desavinzas entre o Ministerio Fiscal e algúns membros da xudicatura. Finalmente, a finais de 1981, Gambín foi detido pola policía tras un tiroteo en València. O Caso Scala volveuse abrir.

A segunda vista do Caso Scala Barcelona, en decembro de 1983, só tivo un acusado: Joaquín Gambín. A sentenza condenouno a 7 anos de prisión por acudir á manifestación con armas e por preparación de explosivos. A CNT presentou sempre este asunto como unha manobra escura do goberno dirixida a frear o ascenso do sindicato, que se resintiu indubidablemente da repercusión social que tivo o caso.

Notas editar

  1. CNT-AIT (Francia) Arquivado 06 de marzo de 2014 en Wayback Machine.: En particulier les manipulations policières. Exemple historique, l’incendie de la "Scala": Le 15 janvier 1978, alors que la CNT, seule, réunissait à Barcelone 15 000 manifestants contre le pacte de la Moncloa, des cocktails Molotov sont lancés contre une salle de spectacles, la Scala. Quatre salariés, dont deux adhérents de la CNT, meurent carbonisés. Aussitôt, une campagne médiatique ordurière se déclenche contre la CNT, accusée d’être assez folle pour brûler ses propres adhérents. La CNT n’avait pourtant rien à voir. Il est établi que c’est un nommé Joaquin Gambin, indicateur de police, qui est à la source de cet incendie criminel. Notre journal de l’époque (les pages en français d’"Espoir") avait dénoncé les agissements de cet auxiliaire de police -et de quelques-uns autres qui infiltraient la CNT- avant même son incendie criminel.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar