Casino Llagosterenc

Cruz de Sant Jordi 2014 O Casino Llagosterenc é unha entidade da vila de Llagostera, na provincia de Xirona, fundada en 1856 no marco do movemento asociativo que viviu a poboación no século XIX, vinculado á expansión da industria das rollas. A sede actual, inaugurada en 1891 e reformada en 1929, responde aos postulados academicistas do Novecentismo. Actualmente dispón de escolas de música e de danza, entre outras actividades de dinamización cultural e social. A Generalitat de Cataluña outorgoulle en 2014 a Creu de Sant Jordi.[1]

Casino Llagosterenc

Notas editar

  1. Web oficial de la Generalitat de Cataluña, ed. (1 de abril de 2014). "El Govern distingeix amb la Creu de Sant Jordi 27 persones i 15 entitats". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2014.