Casetas
Casetas é un barrio ou xunta veciñal do concello de Zaragoza, situado a 15 km ao oeste da cidade. Está a unha altitude de 215 msnm.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3,15 km² | |||
Altitude | 215 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 50.620 | |||
Sitio web | casetas.org |
Desde o 1 de xullo de 1879 e por decisión de Concello do entón municipio de Las Casetas, este lugar pasou a agregarse ao municipio de Zaragoza. Actualmente constitúe o máis poboado dos catorce barrios rurais que posúe a cidade. Tiña en 2015 unha poboación de 7.480 habitantes.
A súa xunta veciñal está constituída por seis vocais designados polos partidos políticos en proporción aos resultados obtidos polos seus partidos nas eleccións municipais. Esta xunta veciñal está presidida por un Alcalde, que actúa como representante do Alcalde de Zaragoza, e que desde 1995 é elixido mediante consulta popular a través de sufraxio.