Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg

ceca pública alemá

Coordenadas: 48°48′7″N 9°13′55″L / 48.80194, -9.23194

Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg (en alemán: Staatliche Münzen Baden-Württemberg –SMBW–) é a denominación da entidade resultante da fusión, en 1998, da Casa da Moeda de Stuttgart e da Casa da Moeda de Karlsruhe, con sedes en senllas localidades do Estado alemán de Baden-Württemberg.[1]

Casas da Moeda Estatais
de Baden-Württemberg
Staatliche Münzen
Baden-Württemberg


Escudo de Baden-Württemberg, logotipo das
Casas da Moeda Estatais de Baden-Württemberg



Editar o valor em Wikidata
TipoEstatal
Fundación1998
MatrizAutoridade de Facenda (Finanzministerium) de Baden-Württemberg.
Localización Stuttgart
Baden-Württemberg
Alemaña Alemaña.
Persoas claveDirector: Peter Huber.
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas e medallas.
Notas
Marcas de ceca: F e G.
Na rede
http://www.staatlichemuenzenbw.de
editar datos en Wikidata ]

Tras a fusión, a nova entidade produce arredor do 40 % das moedas alemás do sistema do euro, tanto as de curso legal como as destinadas ao coleccionismo e ao investimento.[1]

Malia estaren unidas nunha única razón social, ambas as casas de moeda manteñen as súas marcas de ceca históricas, desde 1871: un F para Stuttgart e un G para Karlsruhe.[1]

Staatliche Münzen Baden-Württemberg foi elixida por Letonia para a produción das súas moedas de euro desde a súa entrada na Eurozona o 1 de xaneiro de 2014. A licitación para a cuñaxe dos euros letóns fixérase pública o 20 de setembro de 2012, e o 10 de decembro dese mesmo ano anunciouse a adxudicación do contrato á institución alemá.[2] [3][4][5][6]

A produción das primeiras moedas comezou xa en xullo de 2013, aínda que todas amosan a data da súa posta en circulación (2014). A repartición entre as cecas foi: 1 céntimo, 10 céntimos e 1 euro, na ceca de Karlsruhe, e o resto de valores na de Stuttgart. Nos anos seguintes, entre 2015 e 2018, as cuñaxes para Letonia centralizáronse na ceca de Stuttgart.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Our Mints". Staatliche Münzen Baden-Württemberg.
  2. "Bank of Latvia Announces Tender to Mint Euro Coins for Latvia". En Latvia Today. 27 de decembro de 2012.
  3. "Latvia begins minting euro coins". Latvijas Banka. 31 de xullo de 2013.
  4. "Latvian Euro Coins Arquivado 17 de novembro de 2019 en Wayback Machine.". Latvijas Banka.
  5. "Latvijas eiro monētas kals Vācijā par 5,306 miljoniem eiro" ("A moeda de euro letoa cuñada en Alemaña por 5.306 millóns de euros"). En TVNET. 10 de decembro de 2012.
  6. "German mint strikes 400 million new euro coins for Latvia". En Coins Weekly. 8 de agosto de 2013.
  7. "Vācijā sākta Latvijas eiro monētu kalšana" (gal: "A moeda do euro letón comezou en Alemaña"). En Delfi Bizness. 31 de xullo de 2013.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar