Casa do Óptico
casa de indianos en Ribadeo, sede da Escola de Idiomas de Ribadeo
A Casa do Óptico é unha casa de indianos situada en Ribadeo, no lugar do Xardín. Construída nun terreo de 2940 m², conta con tres plantas de 225 m² (medidas polo SIXPAC).
Casa do Óptico | |
---|---|
Fachada da casa do Óptico, reconvertida na sede da EOI de Ribadeo | |
Edificio | |
Localización | Ribadeo |
Coordenadas | 43°32′21″N 7°22′55″O / 43.539166666667, -7.3819444444444 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarFoi construída a comezos do século XX. Na actualidade é a sede da EOI de Ribadeo, despois de albergar entre 1955 e 1958[1] o Instituto Laboral Ribadense e máis tarde o Centro de FP de Ribadeo (anos 1970) e despois ó Centro de adultos Dámaso Alonso, que pasou a depender do Instituto Carlos M. Rodríguez de Valcárce.
Conserva a acacia e a palmeira plantadas a comezos do século XX[2].
Galería de imaxes
editar-
Casa do óptico, Ribadeo. Fachada (Fronte SSO) en 2022.
-
Casa do óptico, Ribadeo Esquina SO, en 2022.
-
Casa do óptico, Ribadeo. Escaleira (2022).
-
Casa do óptico, Ribadeo. Esquina NE en 2022.
-
Casa do óptico, Ribadeo. Entrada en 2022.
-
Fachada principal (sur).
-
Lateral leste.
-
A casa, coa vía de acceso.
Notas
editar- ↑ De los primeros pasos en la Casa do Óptico al edificio actual, La Voz de Galicia, 25 de outubro de 2016 (en castelán).
- ↑ Ficha, Turismo.gal.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Casas de Indianos. AAVV. Xunta de Galicia, 2000