Casa da Moeda de Singapur

Coordenadas: 1°19′31.764″N 103°44′22.271″L / 1.32549000, -103.73951972

A Casa da Moeda de Singapur (en inglés: The Singapore Mint; en chinés simplificado: 新加坡造币厂) é unha sociedade anónima de capital público de Singapur fundada en 1968, á que a Autoridade Monetaria de Singapur lle ten encomendada a produción da moeda circulante e conmemorativa do país.[1]

Casa da Moeda de Singapur
The Singapore Mint
新加坡造币厂


Morea de moedas cuñadas na
Casa da Moeda de Singapur


TipoSociedade anónima de capital público.
Fundación1968
MatrizSembcorp Industries.
Localización
Singapur
Singapur.
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas e medallas.
Na rede
http://www.singaporemint.com
Facebook: SingaporeMint Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ademais, a Casa da Moeda de Singapur encárgase da cuñaxe de moedas conmemorativas e de investimento para outros países, así como da produción de medallas, condecoracións, agasallos e outros obxectos.[2]

A Casa de Moeda de Singapur é unha filial da compañía pública Sembcorp Industries.[3]

Historia editar

Logo da declaración de independencia de Singapur o 9 de agosto de 1965, a nova república precisaba un novo sistema monetario e un novo circulante, xa que ata ese momento utilizaba o dólar de Malaia e Borneo, unha moeda común emitida desde 1953 para a Federación Malaia e o Borneo británico.[4] Neste contexto, en 1967 aprobouse a Lei da moeda, que creou un organismo (Board of Commissioners of Currency) encargado da emisión das novas moedas e dos novos billetes de Singapur.[5]

Para tal efecto, en 1968 o ministro de Finanzas, Goh Keng Swe, creou a Casa da Moeda de Singapur, como un departamento da compañía Chartered Industries of Singapore, que se encargou da cuñaxe do novo circulante. En 1969, con motivo do 150 aniversario da fundación de Singapur, a nova ceca realizou a cuñaxe da súa primeira moeda conmemorativa.[5]

Na década de 1970, a Casa da Moeda de Singapur constituíuse como unha sociedade anónima propiedade doutras compañías vinculadas ao Goberno. Neses anos comezou a compaxinar a produción do seu propio circulante coas cuñaxes para outros países, logo da primeira contratación, en 1972, para a fabricación de moedas de 50 centavos para Filipinas. Cara ao final da década, a ceca recibiu tamén encargas doutros países, como Samoa ou Nepal.[5]

Nas décadas seguintes, a Casa da Moeda de Singapur converteuse nunha das cecas asiáticas máis avanzadas e acadou recoñecemento internacional non só na cuñaxe de moeda circulante senón na de moedas conmemorativas e de investimento en metais preciosos para diversos países, ademais de medallas, condecoracións militares, agasallos de prestixio e outros produtos. Neste período produciuse un gran pulo na internacionalización, con contratos para cuñaxe de Andorra, Bermudas, Brunei, as illas Cook, os EEUU, Fidxi, Israel, Macau, Malaisia, as illas Salomón, Suíza, Tokelau, Tonga e Uganda.[5]

Premios acadados editar

Estes son algúns dos premios máis significativos dos acadados por moedas cuñadas pola Casa da Moeda de Singapur:[6]

Premio Moeda do Ano

Premio Vreneli

Premio da Conferencia de Directores de Ceca

Notas editar

  1. "Circulation Currency: Coins". Monetary Authority of Singapore.
  2. "Singapore Mint, Singapore". Numista.com
  3. "About Us Arquivado 04 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". The Singapore Mint.
  4. "Coins from Malaya and British Borneo". Numista.com
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "History Arquivado 04 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". The Singapore Mint.
  6. "Awards Arquivado 28 de setembro de 2021 en Wayback Machine.". The Singapore Mint.
  7. 7,0 7,1 7,2 Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar