Casa da Alfóndega

pazo en Redondela

A casa da Alfóndega é unha casa galega situada no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia homónima.[1] Preto da casa da Torre, foi construída no século XVI pola familia Prego de Montaos. Destaca polos brasóns da súa fachada. Recibe este nome da praza da Alfóndiga (lugar de venda de graos).

Casa da Alfóndega
ConcelloRedondela
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°16′57″N 8°36′30″O / 42.282411111111, -8.6084305555556Coordenadas: 42°16′57″N 8°36′30″O / 42.282411111111, -8.6084305555556
Estilo arquitectónico
Estilo actualRenacentista (Renacentista)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

 
O brasón da parte dereita da fachada, esculpido en pedra, representa o escudo de catro familias: os Lira, os Prego de Montaos, os Ozores e os Troncoso

A construción da casa data do século XVI pola familia Prego de Montaos, a mesma familia propietaria da casa da Torre, que se atopa ao seu carón. A orixe do topónimo reside na praza que leva o mesmo nome, debido á que no pasado era empregada coma lugar de venda de gran.

Na súa fachada conta con dous brasóns, un a cada carón da entrada. O brasón esquerdo pertence ao escudo da familia Prego de Montaos, mentres que o da dereita pertencen ás liñaxes dos Lira, Prego de Montaos, Ozores e Troncoso.

Está situado na rúa Isidoro Queimaliños, e na actualidade o seu uso é privado.

Notas editar

  1. Casa da Alfóndega na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar