Cartas literarias a una mujer

Cartas literarias a una mujer é unha obra en prosa de Gustavo Adolfo Bécquer. Está formada por catro cartas publicadas por entregas no xornal El Contemporáneo o 20 de decembro de 1860, o 8 de xaneiro e o 4 e 24 de abril de 1861.[1] Malia a brevidade destas, foron consideradas nalgúns estudos, coma os de Rafael Montesinos, a base da razón poética de Bécquer.[2]

Seguindo un modelo de literatura epistolar, expoñen un diálogo ficticio cunha muller. Nel, o autor vai debullando a súa teoría sobre o que son a poesía, os sentimentos ou o amor. É especialmente coñecida a pregunta que o poeta formula xa ao inicio da Carta I:

¿Qué es la poesía?

-¿Qué es poesía?- me dices mientras clavas en mi pupila tu pupila azul; ¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?

Poesía... ¡eres tú!

Estes diálogos imaxinarios, aparentemente sinxelos, en ocasións tórnanse en reflexións con maior consistencia filosófica. Aproxímanse ao binomio "sentir e pensar", xa enunciado na poesía metafísica do século XVII, a filosofía sensista previa ao Romanticismo. Esta herdaríaa máis adiante Miguel de Unamuno.[3] De feito, así sucede cando Bécquer escribe:

Antes de ahora te lo he dicho. Yo nada sé, nada he estudiado, he leído un poco, he sentido bastante, y he pensado mucho, aunque no acertaré a decir si bien o mal. Como sólo de lo que he sentido y pensado he de hablarte, te bastará sentir y pensar para comprenderme.

Publicadas con anterioridade ao conxunto da obra poética de Bécquer, as Rimas, teñen, en opinión de parte da crítica, unha certa unidade con elas.[4]

Notas editar

  1. Montesinos 1977.
  2. Bécquer/Montesinos 1995, p. 31.
  3. López Castro, Armando. "La conciencia poética de Bécquer" (PDF). Revista "Bulería" de la Universidad de León (en español). Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  4. González Gandiaga, Nora (2003). "Hacia una conciencia de lo poético: Cartas literarias a una mujer de Gustavo Adolfo Bécquer". CELEHIS-Revista del Centro de Letras Hispanoamericanas (en español) (12): 301–304. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Montesinos, Rafael (1977). Bécquer, biografía e imagen. Barcelona: Editorial RM. Premio Nacional de Literatura 1977 e Premio Fastenrath 1979 da Real Academia Española 
  • Bécquer, Gustavo A. (1995). Rafael Montesinos, ed. Rimas. Cátedra. ISBN 9788437613437.