Carrie-Anne Moss
Carrie-Anne Moss, nada en Burnaby (Columbia Británica) o 21 de agosto de 1967 é unha actriz canadense que acadou fama internacional tralas súas aparicións na triloxía de filmes de Matrix interpretando a Trinity.
Carrie-Anne Moss | |
---|---|
![]() Moss en maio de 2016. | |
Nome completo | Carrie-Anne Moss |
Alcume/outros | Carrie-Ann Moss, Carrie Moss |
Nacemento | 21 de agosto de 1967 (53 anos) |
Lugar | Burnaby, Columbia Británica, ![]() |
Nacionalidade | Canadá |
Educada en | American Academy of Dramatic Arts |
Cónxuxe(s) | Steven Roy (1999–presente; 3 fillos) |
Profesión | actriz dende 1989 até o presente |
http://www.carrieanne-moss.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Cando era nova, vivía coa súa nai Barbara na cidade de Vancouver. Cando tiña once anos entrou no Teatro musical de nenos de Vancouver e despois fixo un tour por Europa co Coro da Escola Secundaria Magee no seu derradeiro ano. Tras isto, involucrouse na Academia Americana de Artes Dramáticas en Pasadena ata que volveu. En 1985 mudouse de Vancouver a Toronto e fíxose modelo. Durante ese período como modelo e a finais dos anos 80, foi a España e a Xapón.
Estando en España conseguiu un papel na serie dramática Dark Justice, a súa primeira aparición na televisión. Marchou de Barcelona aos Ánxeles (California) para a serie en 1992. Pero a súa carreira tomou outro camiño cando foi elixida para representar a Trinity no filme Matrix, que se estreou en 1999 con gran éxito a nivel mundial. Tras este, fixéronse dous filmes máis que pecharon a triloxía e nos que Moss tamén participou. Tamén tivo un papel destacado en Memento (2000), interpretando a Natalie.
Carrie-Anne Moss casou co actor Steven Roy en 1999. Teñen dous fillos, (Owen, nado en setembro de 2003, e Jaden, nado en novembro de 2005), e unha filla (nada en xuño de 2009). A actriz Maria Bello é a madriña do seu fillo maior.
FilmografíaEditar
Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1994 | The Soft Kill | Jane Tanner | |
1994 | Flashfire | Meredith Neal | |
1995 | Terrified | Tracy | |
1996 | Sabotage | Louise Castle | |
1997 | Lethal Tender | Melissa Wilkins | |
1997 | The Secret Life of Algernon | Madge Clerisy | |
1999 | Matrix | Trinity | |
1999 | New Blood | Leigh | |
2000 | Chocolat | Caroline Clairmont | |
2000 | Red Planet | Cmdr. Kate Bowman | |
2000 | Memento | Natalie | |
2000 | The Crew | Detective Olivia Neal | |
2003 | Matrix Reloaded | Trinity | |
2003 | Matrix Revolutions | Trinity | |
2003 | Animatrix | Trinity (voz) | Vídeo |
2004 | Suspect Zero | Fran Kulok | |
2005 | The Chumscrubber | Jerri Falls | |
2005 | Sledge: The Untold Story | ||
2006 | Fido | Helen Robinson | |
2006 | Snow Cake | Maggie | |
2006 | Mini's First Time | Diane Droggs Tennan | |
2007 | Disturbia | Julie Brecht | |
2007 | Normal | Catherine | |
2008 | Fireflies in the Garden | Kelly Hanson | |
2009 | Love Hurts | Amanda Bingham | |
2010 | Unthinkable | Agent Helen Brody | |
TBA | Silent Hill: Revelation 3D | Claudia Wolf |
Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1991 | Dark Justice | Tara McDonald | |
1992 | Forever Knight | Monica Howard | 1992 |
1993 | Matrix | Liz Teel | 1993 |
1993 | Doorways | Laura | |
1993 | Silk Stalkings | Lisa/Lana Bannon | |
1994 | Models Inc. | Carrie Spencer | |
1994 | Baywatch | Gwen Brown/Mattie Brown | |
1995 | Nowhere Man | Karin Stoltz | 1995 |
1996 | F/X: The Series | Lucinda Scott | (1996–1997) |
1996 | Due South | Irene Zuko | |
2007 | Suspect | Lt. Chivers | TV |
2008 | Pretty/Handsome | Elizabeth Fitzpayne | TV |
2011 | Normal | Ann Brown | TV |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2003 | Enter the Matrix | Trinity | xogo, captura de movementos e voz |
2010 | Mass Effect 2 | Aria | voz |
Premios e NomeamentosEditar
- 2007: Genie Award, Mellor Actriz en Papel secundario Snow Cake
- 2007: Vancouver Film Critics Circle Award, Mellor Actriz en filme canadense por Fido
- 2002: Independent Spirit Award, Mellor Actriz secundaria por Memento
- 2000: Golden Slate, Mellor Actriz en papel protagonista por Matrix
- 2000: Empire Award, Mellor Debut en Matrix
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carrie-Anne Moss |
Ligazóns externasEditar
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha na IMDb (en portugués)
- Páxina Oficial (en castelán)