Carreira de carros

Unha carreira de carros (en grego antigo: ἁρματοδρομία, harmatodromia, en latín: ludi circenses) era un dos máis populares deportes na Grecia antiga, no Imperio Romano e no Imperio Bizantino. A carreira de carros era perigosa tanto para os condutores como para os cabalos e eran comúns as feridas graves e mesmo a morte, mais ese perigo engadía emoción e interese ós expectadores. As carreiras de carros podían ser vistas por mulleres, que tiñan prohibidos ver moitos outros deportes. Na forma romana da carreira de carros, había equipos que representaban diferentes grupos de patrocinadores que ás veces competían polos servizos de condutores especialmente habilidosos. Ó igual que en deportes modernos como o fútbol, os espectadores adoitaban apoiar un único equipo, identificándose fortemente a si mesmos coa súa sorte, así a violencia xurdía a miúdo entre afeccionados rivais. As rivalidades eran ás veces politizadas, cando os equipos se asociaban con ideas sociais ou relixiosas na competición. Isto permite explicar o motivo polo cal os emperadores romanos e bizantinos tomaron o control dos equipos e nomearon a moitos funcionarios para supervisalos.

Unha recreación moderna de carreiras de carros en Puy du Fou.

O deporte perdeu popularidade en Occidente despois da caída de Roma. Sobreviviu durante un tempo no Imperio Bizantino, onde as faccións romanas tradicionais seguiron a desempeñar un papel salientable durante varios séculos, gañando influencia en asuntos políticos. A súa rivalidade culminou coa revolta de Nika, que marcaron o esmorecemento gradual do deporte.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar