Caroline Leakey
Caroline Woolmer Leakey, nada en Exeter (Devon) o 8 de marzo de 1827 e finada na mesma cidade o 12 de xullo de 1881, foi unha escritora inglesa. A súa poesía e a súa única novela (The Broad Arrow, publicada co pseudónimo de Oliné Keese) estiveron influídas pola súa estancia en Van Diemen's Land (actual Tasmania) entre 1848 e 1853.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1827 Exeter, Reino Unido |
Morte | 12 de xullo de 1881 (54 anos) Exeter, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | novelista, poetisa, escritora |
Pseudónimo literario | Oliné Keese |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | James Leakey |
Traxectoria
editarFoi a sexta de once irmáns, filla do artista James Leakey e de Eliza Hubbard Woolmer. De nova foi lectora ávida, e colaborou en actividades de caridade relixiosa.[1] En 1847 foi a Hobart, onde emigrara a súa irmá Eliza co seu marido James Medland. Pasou longas estancias encamada por estar doente. En 1851 pasou doce meses no asentamento de presos de Port Arthur. Cando regresou a Hobart enfermou de novo e regresou a Inglaterra en marzo de 1853.[1]
Animada polo bispo Francis Nixon, co que vivira en Hobart, publicou unha escolma de poemas titulada Lyra Australis, or Attempts to Sing in a Strange Land, editada en Londres en 1853 e en Hobart en 1854.[2]
En marzo de 1857 comezou a escribir a novela The Broad Arrow: Being Passages from the History of Maida Gwynnham, a Lifer, publicada con pseudónimo en Londres en 1859 e en Hobart en 1960.[3] The Broad Arrow está considerada un notable documento social, pois foi unha das primeiras novelas en incluír nos personaxes principais os convictos en Australia. Isto influíu na posterior For the Term of His Natural Life de Marcus Clarke.[3][4] Tras a morte de Leakey a novela foi publicada en versión reducida, e a versión completa non foi reeditada até 2019.[5]
En 1861 estableceu unha casa en Exeter para coidar das mulleres caídas"..[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Horner, J. C. "Leakey, Caroline Woolmer (1827–1881)". Australian Dictionary of Biography (en inglés). National Centre of Biography, Australian National University.
- ↑ Mead, Jenna (2006): Caroline Leakey, The Companion to Tasmanian History, Centre for Tasmanian Historical Studies.
- ↑ 3,0 3,1 Caroline Woolmer Leaky Arquivado 25 de marzo de 2012 en Wayback Machine., Index of Significant Tasmanian Women, Department of Premier and Cabinet, Government of Tasmania.
- ↑ Spender, Dale (1988). Spinifex Press, ed. Writing a New World: Two Centuries of Australian Women Writers (en inglés). Melbourne. p. 112–115. ISBN 0863581722.
- ↑ Keese, Oliné, 1827-1881,. The Broad Arrow: being passages from the history of Maida Gwynnham, a lifer. Mead, Jenna,. University of Sydney, NSW. ISBN 9781920899745. OCLC 1088420954.