Carolina Barco

diplomática colombiana

María Carolina Barco Isakson, nada en Boston, Massachusetts, en 1951, é unha política e diplomática colombiana, filla do presidente Virgilio Barco (1986–1990). Foi Ministra de Relacións Exteriores e embaixadora ante Estados Unidos.

Carolina Barco
Ambassador Carolina Barco in Florida Forum.jpg
Nacemento1951
 Boston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterWellesley College, Universidade Harvard e Harvard Graduate School of Design
Ocupacióndiplomática e política
PaiVirgilio Barco Vargas
NaiCarolina Isakson Proctor
IrmánsVirgilio Barco Isakson
PremiosGran Cruz da Orde El Sol do Perú e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Carolina posúe un título profesional en Socioloxía e Economía do Wellesley College en Massachusetts. Durante o tempo que durou o seu bacharelato en Wellesley College estudou un ano a maneira de intercambio na Université Libre de Bruxelles en Bélxica. Adicionalmente, Carolina é graduada como máster en Plan de Cidades da Universidade Harvard. Ten un Graduate School of Design e un máster en Negocios do Instituto de Empresas de Madrid, España.[1]

Traballou sempre no sector público, sendo desde finais da década de 1970 consultora en planeamento urbano ao servizo da alcaldía de Caracas (Venezuela), alcaldía de Bogotá e alcaldías de municipios contiguos á capital (Cajicá, Cogua, Subachoque e Zipaquirá). Na década de 1990 o seu prestixio como investigadora levouna a realizar estudos para o PNUD e os Ministerios de Desenvolvemento Económico, Medio Ambiente e Cultura; ata que en 1998 o Alcalde Maior de Bogotá Enrique Peñalosa designouna Directora Distrital de Planeación, cargo que exerceu até finalizar o mandato do alcalde en decembro de 2001.

En 2002 o presidente electo Álvaro Uribe Vélez designouna ministra de Relacións Exteriores de Colombia mantendo unha sólida relación principalmente cos Estados Unidos. En 2006, logo da renuncia do expresidente Andrés Pastrana á embaixada neste país, Barco foi nomeada na súa substitución, exercendo o cargo até 2009 que foi substituída como embaixadora por Gabriel Silva.[2]

En 2010 incorporouse ao Banco Interamericano de Desenvolvemento como coordinadora da Plataforma de Cidades Emerxentes e Sustentables.[3]

O 18 de outubro de 2018 Carolina Barco foi nomeada nova embaixadora de Colombia en España.[4]

NotasEditar

  1. "Carolina Barco". 3 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  2. "ICMP Ambassador Carolina Barco becomes new ICMP Commissioner". Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  3. "Coordinadores ICES - Banco Interamericano de Desarrollo". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  4. "Carolina Barco, nueva embajadora de Colombia en España" (en castelán). 18 de outubro de 2018. Consultado o 11 de abril de 2019. 


Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar