Carnes tollendas
Carnes tollendas é unha abreviación da expresión Dominica ante carnes tollendas ( en latín "domingo antes de quitar as carnes"). Chamábase así ao domingo antes de iniciarse a coresma, período de xaxún, segundo o calendario católico, no que estaba prohibido comer carne. De aquí provén a denominación castelá carnestolendas aplicada aos días de Entroido no calendario eclesiástico.