Carmen Sarmiento, nada en Madrid o 30 de agosto de 1944, é unha xornalista feminista española de televisión especializada en temas internacionais e sociais. Foi a primeira muller correspondente de guerra en España.[1] É especialmente coñecida pola súa aposta polo xornalismo comprometido facendo visíbeis nas súas reportaxes problemas sociais como a fame e a situación dos dereitos das mulleres. Obtivo numerosos premios como recoñecemento do seu labor profesional, entre eles o Premio Nacional de Xornalismo Dereitos Humanos (1984) polo conxunto do seu traballo na serie "Los Marginados".

Infotaula de personaCarmen Sarmiento

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentadora de televisión , correspondente de guerra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2082639 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Carmen Sarmiento, con familia de raíces andaluzas, naceu en Madrid o 30 de agosto de 1944. "A miña familia era unha familia de orde, aínda que sen recursos económicos. Estudei sempre con bolsas, e todo o saquei a pulso." explica lembrando que para incorporarse ao xornalismo o esforzo que tivo que realizar foi "moi superior ao dos homes da miña xeración".[2]

Despois de estudar na Escola Oficial de Xornalismo comezou a traballar en Televisión Española en 1968 conseguindo un posto como reporteira na área de Internacional dos servizos informativos, sendo xunto a Elena Martí mulleres pioneiras na información internacional. Como non lle gustaba o xornalismo que facía, foise a América a estudar televisión en Brasil.[3] De regreso a España traballou en Informe Semanal. Militante feminista desde os anos 70, en 1975 desprazouse a México con motivo do Ano Internacional da Muller e a convocatoria da primeira Conferencia Mundial Sobre as Mulleres do 19 de xuño ao 2 de xullo na que participaron máis de 6.000 persoas. Da súa experiencia publicou o libro La Mujer, una revolución en marcha (1976) sobre as experiencias, loitas e esperanzas das mulleres.[3] En 1976 interveu no Tribunal Internacional de Crimes contra as Mulleres celebrado en Bruxelas.[4] É tamén o ano no que naceu a revista Vindicación Feminista -presentouse o 13 de xullo de 1976-[5] na que Carmen colaborou desde un principio.

O mesmo ano publicou tamén Sánchez Albornoz, cuarenta años despues, sobre o seu exilio arxentino durante o réxime do xeneral Franco.

Desenvolveu un xornalismo comprometido que quedou plasmado nos seus traballos en programas como Informe Semanal -do que foi subdirectora na década do setenta- Primeira página, entre 1979 e 1980, e Objetivo en 1981 no que tamén foi subdirectora.

Só son unha xornalista comprometida, unha filla do 68 que non se travestiu ideoloxicamente e segue crendo na revolución. Por máis que percorro mundo e fago anos, non me resigno ás inxustizas.[2]


Entre os acontecementos históricos do século XX que viviu en primeira persoa e trasladou aos espectadores, inclúense os golpes de estado en Portugal, Arxentina, Granada e Ghana. Foi, ademais, correspondente de guerra no Salvador, Nicaragua e Líbano. Estivo a pouco de perder a súa vida en varias ocasións; nunha delas viuse envolvida nunha emboscada en Nicaragua con mortos por medio, e chegou a ser secuestrada polo exército colombiano cando se dirixía a realizar unha visita a ‘Tiro Fixo’, xefe das FARC.[1]

Entrevistou a personaxes relevantes como Yasser Arafat, Fidel Castro ou Rigoberta Menchú.

En 1984 estreou en TVE a serie de reportaxes Los marginados coa que cultivou premios e prestixio. Esta serie mantívose en pantalla até 1991. A serie amosaba as difíciles condicións de vida dos máis desfavorecidos do planeta. En 1994 abordou a problemática feminina no Terceiro Mundo con Mujeres de América Latina e en 2000 realizou Los excluídos, en colaboración con Manos Unidas e de similares características que a anterior.[6]

Nas eleccións europeas do 13 de xuño de 1999 presentouse como candidata a deputada ao Parlamento Europeo encabezando a candidatura xunto a Lidia Falcón[7] "Mujeres para el siglo XXI" nunha lista formada por 60 mulleres do movemento feminista español a iniciativa da Confederación de Organizacións Feministas.[2][8]

 
Carmen Sarmiento con Vitoria Prego e Ana Moreno de RTVE nas xornadas sobre igualdade nas radiotelevisións públicas

En 2002 prexubilouse de RTVE aos 58 anos tras sufrir unha hemiplexía cerebral durante unha rodaxe en Ecuador. «Aínda que non teño secuelas físicas, esta enfermidade marcou un punto de inflexión na miña vida. Só a miña teimosía e a miña paixón polas cousas permitiron que estivese 35 anos dando voltas polo mundo», explicou Sarmiento. O seu último traballo en TVE foron sete novas reportaxes para a serie documental «Los excluídos» elaborados en colaboración coa ONG Entreculturas e Oxfam Intermón.[9][10]

Conciencia feminista editar

Sarmiento participou na creación do Colectivo Feminista de Madrid e foi vicepresidenta do Partido Feminista que creou Lidia Falcón. Desde o seu nacemento en 1976 foi colaboradora da revista Vindicación Feminista[11] e máis tarde nos anos 80 escribiu na revista teórica do partido feminista "Poder y libertad".

"Aos 13 anos calcei por primeira vez uns pantalóns vaqueiros e tocáronme o cu" explica nunha entrevista cando lle preguntaron sobre o seu activismo. "Como comprenderás, o cu non o tocan as estruturas, senón o albanel de quenda. Non quero ser discriminatoria, os homes de todas as clases sociais teñen unhas actitudes semellantes coas mulleres. Cando cheguei a televisión, a información internacional estaba en mans dos tíos e para ser correspondente de guerra tiven que loitar moito. Na nosa profesión o poder tamén o teñen os homes. O meu foi o resultado dun longo proceso. Non parei desde o primeiro día que saín á rúa e sentinme insultada por alguén que tiña 30 quilos de masa muscular máis ca min. A rúa non é das mulleres. Aos homes róubanlles e apuñálanos. Ás mulleres róubanlles, apuñálanas e, encima, viólanas".[2][12]

Libros publicados editar

  • La mujer, una revolución en marcha, Editorial: Sedmay, (1976)
  • Sánchez Albornoz, cuarenta años después, Editorial: Sedmay, (1976)
  • Los marginados Ente Público Radiotelevisión Española. Servicio de Publicaciones (1985) ISBN 10: 8485259122 ISBN 13: 9788485259120
  • Viajes a la marginación. Prologado por Lidia Falcón Mondadori (1990) ISBN: 8439717067
  • Cuaderno de viaje de Los Excluidos

Premios e recoñecementos editar

  • Premio Nacional de Periodismo de Derechos Humanos (1984) polo conxunto do seu traballo na serie "Los Marginados".[4]
  • Premio Nacional del Instituto de la Mujer polo programa “La mujer y el Tercer Mundo” e polo tratamento dado á muller nos seus documentais de TVE.
  • Premio de la Asociación de Informadores Gráficos (1984)
  • Premio Manos Unidas (1988) por “Etiopía el hambre que no cesa
  • Premio Unicef (Madrid, 1988) por “Hijos de la pobreza
  • Premio ó Mellor Documental do VIII Festival de Cinema realizado por Mulleres por “Perú, la cólera del hambre" (1992)
  • Candidata a Muller Europea do Ano (1998)
  • Premio Alecrín (2000)
  • TP de Oro (2001) pola súa traxectoria profesional.
  • Premio Agustín Merello de la Comunicación (2002)
  • Premio "Carmen Goes" (2009)[13]
  • IV Premio Participando Creamos Igualdad 2011 na categoría de Comunicación, outorgado polo Consejo de las Mujeres do municipio de Madrid.[14]
  • Siñal d'onor Espiello (2016)
  • Premio Clara Campoamor do Ayuntamiento de Madrid (2017)
  • Premio Especial Manos Unidas (2017)
  • Membro de Honor SGE 2017. A Sociedad Geográfica Española recoñécelle unha traxectoria inspirando a xeracións e espertando o gusto por viaxar.[15]
  • Premio Periodismo Vasco 2018, outorgado pola Asociación e o Colegio Vasco de Periodistas, “polo seu traballo especializado en temas internacionais e sociais, e a súa especial dedicación á muller”. [16]
  • XV Premio Internacional de Periodismo Manuel Alcántara 2018 da Universidade de Málaga.[17]
  • XXV Premio de Comunicación no sexista 2018, outorgado pola Asociación de Dones Periodistas de Catalunya.[18]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "«La mayor miseria moral la vi en India; matan a niñas para que no nazcan y así no paguen dote»" (en castelán). 8 de marzo de 2008. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Carmen Sarmiento". Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "LA MUJER DURANTE EL FRANQUISMO - Biblioteca Gonzalo de Berceo". Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Sarmiento, Carmen. (1985). Los marginados : un programa de TVE. Servicio de Publicaciones del Ente Público RTVE. ISBN 84-85259-12-2. OCLC 15628666. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  5. ""Vindicación Feminista", presentada en Madrid". El País (en castelán). 14 de xullo de 1976. ISSN 1134-6582. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  6. El País, ed. (17 de maio de 2000). "La 2 estrena el próximo domingo la serie documental 'Los excluidos'". 
  7. Mujeres para Europa: la candidatura electoral al Parlamento Europeo: 13 de xuño de 1999: ¡¡¡es la hora de las mujeres!!!. 1999. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  8. Constenla, Tereixa (4 de febreiro de 1999). "Una lista con 60 feministas se presenta a los comicios europeos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  9. "Carmen Sarmiento se prejubila de TVE con su serie «Los excluidos»" (en castelán). 11 de decembro de 2002. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  10. Gallo, Isabel (12 de decembro de 2002). "Carmen Sarmiento vuelve a dar voz a los olvidados de la Tierra". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  11. Mesa, Sara (17 de novembro de 2019). "Marido, autoríceme usted para trabajar". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  12. ""La telebasura ha alcanzado su punto álgido con el caso del profesor Neira"". Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  13. "Carmen Sarmiento gana el Premio Carmen Goes en la modalidad de televisión". Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  14. "Consejo de las Mujeres del Municipio de Madrid – Histórico" (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  15. "Miembro de Honor SGE 2017 - Carmen Sarmiento | Sociedad Geográfica Española". Sociedad Geográfica Española (en castelán). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  16. "Josemari Iriondo, César Coca y Carmen Sarmiento, Premios Periodistas Vascos. Noticias de Gipuzkoa". Noticias de Gipuzkoa (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2018. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  17. "Carmen Sarmiento: «Sin la participación de las mujeres no puede haber derechos humanos»". Diario Sur (en castelán). 24 de abril de 2018. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  18. "Mujeres RTVE y los programes de RNE 'Gente despierta' y 'Feminismes', Premios de Comunicación no sexista 2018 - RTVE.es". RTVE.es (en castelán). 22 de novembro de 2018. Consultado o 25 de novembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar