Carmen Porto

(Redirección desde «Carmen Porto Vázquez»)


María Carmen Porto Vázquez, nada en Santiago de Compostela en 1938 e finada o 10 de maio de 2022[1], foi unha destacada radióloga galega. En 2011 foi distinguida cunha medalla Castelao pola Xunta de Galicia.[2]

Infotaula de personaMaría Carmen Porto Vázquez
Biografía
Nacemento1938
Santiago de Compostela
Morte10 de maio de 2022 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónRadióloga
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 860725

Traxectoria editar

Licenciouse en Medicina pola USC. A súa tese de doutoramento recibiu a máxima nota, un sobresaínte cum laude.

No ámbito español, pasou por ser a primeira muller radioterapeuta titulada en exercer o cargo. Por concurso de méritos, ocupou a xefatura de servizo no Centro Hospitalario de Santiago dende 1972 até a súa xubilación. Así mesmo, foi a primeira muller á fronte do SERGAS e a primeira profesora da Facultade de Medicina en formar parte do seu claustro.

En 2007 recibiu a medalla de ouro que outorga anualmente a Sociedade Española de Oncoloxía Radioterápica.[3]

En 2011 foi Medalla Castelao e Medalla de honra da Academia Médico-Cirúrxica de Santiago.

Notas editar

  1. "Hondo pesar por la muerte de la doctora Mª del Carmen Porto Vázquez". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-05-15. 
  2. Ficha no portal de Igualdade da Xunta de Galicia (en castelán).
  3. "Reconocimiento a la doctora Carmen Porto". El Correo Gallego (en castelán). 4/11/2007. Arquivado dende o orixinal o 03/09/2017. Consultado o 03/09/2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar