Carmen Polo

muller do Francisco Franco Bahamonde
(Redirección desde «Carmen Polo de Franco»)

María del Carmen Polo y Martínez-Valdés, nada en Oviedo o 11 de xuño de 1900 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1988, máis coñecida como Carmen Polo de Franco, foi a esposa de Francisco Franco, militar e ditador español que gobernou España dende 1939 até 1975.

Infotaula de personaCarmen Polo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María del Carmen Polo y Martínez-Valdés Editar o valor em Wikidata
11 de xuño de 1900 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 1988 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Broncopneumonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGrave of Francisco Franco at Mingorrubio Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCarmen Polo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPrimeira dama Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloSeñorío de Meirás Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFrancisco Franco (1923–1975)
FillosCarmen Franco Polo Editar o valor em Wikidata
IrmánsRamona Polo Martínez-Valdés (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesRamón Serrano Suñer (cunhado (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2031972 WikiTree: Polo-38 Find a Grave: 26178669 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Carmen Polo naceu o 11 de xuño de 1900, no seo dunha acomodada familia de Oviedo. Os seus pais foron Felipe Polo y Flórez (1860-1926), avogado natural de Palencia, con propiedades considerables e ascendencia carlista, e Ramona Martínez-Valdés y Martínez-Valdés (1870-1914), pertencente a unha ilustre familia de San Cucao, parroquia do concello asturiano de Llanera.[1] A súa nai faleceu o 8 de febreiro de 1914 cando Carmen contaba tan só trece anos de idade. Dende entón, e xunto ós seus tres irmáns Felipe (1897-1979), Isabel (1902-1993) e Ramona "Zita" (1907-1993), pasou ó coidado da súa tía, Isabel Polo y Flórez, muller do avogado Luis Vereterra Estrada, a cal se asegurou da educación dos nenos: primeiro estudaron nas Ursulinas e logo nun colexio das Salesianas. En casa tiñan unha institutriz francesa, Madame Claverie.

Noivado con Franco editar

Carmen coñeceu a Francisco Franco en Tarna, pouco despois de que o trasladasen á gornición de Oviedo, na primavera de 1917. A familia Polo y Martínez-Valdés non vía con bos ollos o noivado da súa primoxénita con Franco, a quen consideraban «pouca cousa» para a súa filla, e preferían casala no seo da aristocracia ovetense.[2]

O seu pai chegou a pronunciarse cualificando o noivo de pobre aventureiro en busca dunha boa dote e nunha frase que circulou entre as altas esferas de Oviedo, Felipe Polo sinalou que "permitir casar á súa filla cun comandante africanista era como permitir que o fixese cun toureiro". Porén, Carmen conseguiu lograr o consentimento definitivo do seu pai e a súa tía, despois de dous anos. O noivado, marcado pola guerra do Rif, non foi doado e a voda adiouse en varias ocasións.

 
Casamento de Carmen Polo con Francisco Franco.

Cando morre o xeneral Valenzuela, sucesor de José Millán-Astray á fronte da Lexión, ofrécenlle a Franco a xefatura e o ascenso a tenente coronel. A voda celebrouse o 23 de outubro de 1923, na igrexa de San Juan el Real, en Oviedo.[3] Foi padriño o rei Afonso XIII, representado polo xeneral Antonio Losada, gobernador militar de Asturias. A madriña foi unha tía da noiva: Pilar Martínez-Valdés, viúva de Ávila, relegando á nai do noivo (o pai non asistiu).

Carmen Polo deu a luz á súa única filla, María del Carmen, o 14 de setembro de 1926, á que se deu o alcume de "Nenuca". Foi bautizada na igrexa de San Juan el Real de Oviedo, onde contraeran matrimonio os seus pais.

Guerra civil editar

En xullo de 1936, ó estalar a guerra civil, Carmen e a súa filla partiron cara a Francia, baixo nomes supostos, pois os pais temían que "Nenuca" puidese ser secuestrada. Foron trasladadas polo contraalmirante Fernando Balén, futuro director do Instituto Hidrográfico de Cádiz. Alí esperábaas o comandante Antonio Barroso, quen as trasladou a Baiona, onde se refuxiaron na casa da súa antiga institutriz, Claverie. A finais de setembro de 1936, Franco enviou a buscalas co seu curmán, Salgado-Araujo. Cando Franco sobe ó poder, Carmen Polo convértese en primeira dama.

Notas editar

  1. Os avós paternos de Carmen foron Claudio Polo y Astudillo, natural de Palencia, catedrático da Universidade de Oviedo, e Bonifacia Flórez de Prado, finada en Oviedo en 1863. E os bisavós, Telesforo Polo Briz, médico do Pretendente Don Carlos VI, e Isabel Astudillo, quen ademais de Claudio, tiveron por fillo a Felipe Polo y Astudillo, que seguiu a profesión do seu pai pero serviu á dinastía «liberal», como Médico de Cámara da Raíña Gobernadora].
  2. El País. "Doña Carmen". 
  3. «En moitas biografías aparece confundida a data da voda, ó poñer uns biógrafos o día 16 e outros o 23. A verdadeira data é a derradeira, segundo aparece na acta matrimonial.» Andrés Rueda, Franco, el ascenso al poder de un dictador (Madrid, Nowtilus, 2013), p. 92.