Carmen Penim

Cantante e profesora galega
(Redirección desde «Carmen Pérez Fernández»)

Carmen Penim é o nome artístico de Carmen Pérez Fernández, nada en Covas (Os Blancos) o 2 de setembro de 1965, é unha profesora, compositora, cantante, produtora e representante artística galega.[1] Formou con Maurizio Polsinelli o dúo 2naFronteira.

Infotaula de personaCarmen Penim

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Covas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , profesora , compositora Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pasou os seus primeiros anos na terra do pai en Meaus (Couto Mixto) na raia con Portugal. Tamén viviu nos Países Baixos nos primeiros anos. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en didáctica da lingua oral pola UNED. Estudou canto lírico en Italia tres anos e no 2011 empezou os seus estudos de canto lírico e jazz e de didáctica do canto.[2]

Entre 2007 e 2013 ocupou unha praza de ensino do español como lingua estranxeira en Italia. Foi profesora de Lingua Castelá no IES A Paralaia de Moaña de onde se trasladou ao IES María Soliño de Cangas. Impartiu cursos de técnica vocal para distintos sectores.[1]

É xuíza honoraria do Couto Mixto e forma parte do proxecto “Referentes galegas” de difusión de mulleres profesionais galegas de todos os ámbitos, que quere servir de difusión e ser referente para as nenas e mozas.[3] Está comprometida con causas como a igualdade, a loita contra a violencia de xénero e contra a ablación feminina, a memoria histórica, o veganismo e o ensino.[1] Colabora con AECC, GaliciaAme,[4] centros de día e residencias de persoas maiores.

O 14 de agosto do 2023 estreou o himno á Virxe do Xurés, na propia capela da virxe arraiana, obra que lle foi pedida polo historiador Xosé Lamela Bautista, quen lle facilitou textos da tradición oral do Xurés para que compuxese a música e lle puxese a voz.

Traballos de 2naFronteira editar

2naFronteira é un dúo composto por Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli, o dúo creouse no 2008, cando ambos os dous inician a súa andaina xuntos en Italia, onde Carmen estaba a estudar canto.

Discografía editar

  • Humo en los ojos. Italia, 2011.
  • Alma (CD), 2013
  • Zapatiños para Díaz Castro (CD), 2014. Quince poemas musicados.[5]
  • Sons de Nós (CD), 2015. Arredor de Nós. Concerto sobre a Xeración Nós polo seu centenario.[6]

Proxectos editar

  • Federico García Lorca. Amando en galego, 2011. Os Seis poemas galegos musicalizados.[7]
  • Os olhos de Pessoa. Autopsicografía, 2014. Seis poemas de Fernando Pessoa musicalizados.[8]
  • A voz da pedra, 2015. Concerto para as igrexas, a recuperación do harmonio de igrexa para uso concertístico a través do proxecto.[9]
  • Rosalía de Castro, 2017. Poemas de Cantares gallegos musicalizados.[10]

Traballos de Carmen Penim editar

Discografía editar

  • Herdeiras. Muller, identidade e memoria (libro-CD), 2017. Editorial: Areosa; ISBN: 978-84-697-4670-7. Textos propios e doutras poetas galegas.[11] Pretende con este proxecto visibilizar ás mulleres heroínas do 36 e contén unha curtametraxe de Margarita Ledo.[12] Nas pezas déixase sentir claramente o jazz.[13]
  • Cantos de terra e sal (CD), 2020. Homenaxe á máis profunda tradición galega.[14][15][16][17][18]

Obra literaria editar

Poesía editar

  • Cambio versos por champaña (2011). Torremozas, Madrid. En castelán.

Infantil editar

Premios editar

  • No ano 2016 foi recoñecida como Xuíza honoraria do Couto Mixto[19].
  • Gañadora dun premio Opinión da Música de Raíz pola mellor adaptación dunha peza tradicional en 2021 polo tema Aí vén o barco do mare.[20]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 administrador. "Carmen Penim (Carmen Pérez Fernández)". Executivas. Consultado o 2020-11-05. 
  2. ""Soan" os poemas de Díaz Castro". galego.farodevigo.es. Consultado o 2020-11-05. 
  3. "Referentes Galegas". Executivas. Consultado o 2020-11-05. 
  4. "Acerca de nosotros". Galiciame (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2021. Consultado o 2020-11-06. 
  5. "musicaengalego: 2NAFRONTEIRA zapatiños para Diaz Castro". musicaengalego. Consultado o 2020-11-06. 
  6. "Un concerto de 2naFronteira e unha exposición para homenaxear a Xeración Nós. Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2020-11-05. 
  7. AMICCercado, s/n Celanova-32800Ourense España. "Concerto "Federico García Lorca. Amando en galego"". emigracion.xunta.gal. Consultado o 2020-11-06. 
  8. "Vídeos música galega - Galiza Videoclips - OS OLHOS DE PESSOA - Autopsicografia - 2naFronteira". www.gzmusica.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2020-11-06. 
  9. "Evento: 2naFronteira: A voz da pedra. Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2020-11-05. 
  10. GaliciaDigital. "2naFronteira homeaxean a Rosalía de Castro cun concerto no Teatro Principal". www.galiciadigital.com. Consultado o 2020-11-06. 
  11. Cultura, Secretaría Xeral de. "CARMEN PENIM ESTRENA EL ESPECTÁCULO HERDEIRAS ESTE SÁBADO EN EL TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2020-11-05. 
  12. "GalicianTunes: Artista - Carmen Penim". www.galiciantunes.com. Consultado o 2020-11-05. 
  13. "Carmen Penim afronta la memoria de la mujer en su trabajo «Herdeiras»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-04. Consultado o 2020-11-06. 
  14. "CONCERTO CARMEN PENIM - CANTOS DE TERRA E SAL". Concello de Cangas. Consultado o 2020-11-05. 
  15. ""Cantos de Terra e Sal", nuevo CD a final de mes -"a pesar de los grises que nos envuelven"- de 2nafronteira". RÍAS BAIXAS TRIBUNA. Consultado o 2020-11-05. 
  16. "Carmen Penim converte o Couto Mixto en cancións cun novo álbum que homenaxea as mulleres de terra e mar". Praza Pública. 2020-11-03. Consultado o 2020-11-05. 
  17. "Poñer o canto ao clareo en tempos de covid" (en castelán). Consultado o 2020-11-06. 
  18. "Carmen Penim: “Non é que teña ganas de volver ao escenario, o que quero é nunca baixar del”" (en castelán). 2020-11-19. Consultado o 2020-11-19. 
  19. "O Couto Mixto rendiu homenaxe á música e ás Irmandades da Fala". 03/07/2016. Consultado o 16/09/2023. 
  20. Malvido, Gemma (2021-05-31). "“É importante visibilizar o traballo humilde das nosas nais e avoas”". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2021-06-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar