Carmen Nájera Domingo

profesora universitaria española

Carmen Nájera Domingo, nada en Nájera, A Rioxa, en 1951, é unha química española, catedrática do Departamento de Química Orgánica da Universidade de Alacant.[1]

Carmen Nájera Domingo
Nome completoCarmen Nájera Domingo
Nacemento12 de xaneiro de 1951
Lugar de nacementoNájera
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza e Universidade de Oviedo
Ocupaciónprofesora universitaria e química
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Rematou os seus estudos de Química na Universidade de Zaragoza en 1973 e a súa tese de doutoramento na Universidade de Oviedo en 1979 baixo a dirección de José Barluenga Mur e Miguel Yus Astiz.[2]

O seu campo de investigación son os procesos catalíticos en síntese orgánica.[3] Publicou máis de 300 artigos en revistas internacionais e é membro de pleno dereito da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.[4] Ademais, é cofundadora e directora técnica da empresa Medalchemy dedicada á elaboración de produtos farmacéuticos desde 2002.

O seu traballo de investigación actual céntrase, sobre todo, na catálise asimétrica, utilizando catalizadores quirais que permiten reaccións que dan lugar a un único enantiómero. Por enantiómeros enténdese as mesmas moléculas que non se poden superpoñer, pero que entre elas teñen unha relación especular ou como se tivesen un espello entre elas. Estas substancias son moi importantes especialmente na industria farmacéutica.

É autora dunha patente sobre un procedemento para a obtención de moléculas inhibidoras do virus da hepatite C, cun novo procedemento moito máis rápido para a obtención do virus que neutraliza a resistencia do virus sen os efectos secundarios doutras terapias actuais.[5]

Premios e honrasEditar

  • En 2006 obtivo o Premio de Química Orgánica da Sociedade Española de Química[6]
  • Tamén en 2006 o Rosalind Franklin International Lectureship da English Chemical Society[2]
  • En 2010 converteuse na primeira científica española en recibir o Premio da Sociedade Francesa de Química pola súa carreira investigadora[7]
  • En 2013 foi elixida Membro Activo da Academia Europea de Ciencias e Artes, con sede en Salzburgo (Austria).[8]
  • En 2015 foi galardoada co IUPAC International Award 2015 Distinguished Women in Chemistry ou Chemical Engineering Awards.[9]

NotasEditar

  1. "Resolución de 5 de julio de 1993, de la Universidad de Alicante, por la que se nombra Catedrática de Universidad, en el área de conocimiento de «Química Orgánica», a doña Carmen Nájera Domingo." (170). Madrid. 17 de xullo de 1993: 21898. Consultado o 24 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Ficha personal de Carmen Nájera". Universidade de Alacant. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  3. "Entrevista a Carmen Nájera". Agencia SINC / Red de Universidades Valencianas - RUVID. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  4. "Carmen Nájera toma posesión de su plaza en la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales" (en Castellano). Red de Universidades Valencianas - RUVID. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  5. "Neutralizan el desarrollo de la hepatitis C y los efectos secundarios asociados a la terapia actual". Agencia SINC. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  6. admin. "Premios" (en castelán). Consultado o 14 de febrero de 2020. 
  7. "Carmen Nájera se convierte en la primera española en recibir el premio de la Sociedad Francesa de Química". Europa Press. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  8. "La Academia Europea de las Ciencias y las Artes reconoce a Carmen Nájera". Red de Universidades Valencianas - RUVID. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  9. "La catedrática de la Universidad de Alicante Carmen Nájera Domingo recibe el Premio Internacional IUPAC 2015 Distinguished Women in Chemistry or Chemical Engineering Awards. University News". web.ua.es. Consultado o 2022-03-22.