Carmen Mondragón

artista mexicana

María del Carmen Mondragón Valseca, nada en Tacubaya (hoxe Cidade de México) o 8 de xullo de 1893 e finada na mesma cidade o 23 de xaneiro de 1978, foi unha pintora, modelo de artistas e poeta mexicana, tamén coñecida como Nahui Olin.

Infotaula de personaCarmen Mondragón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María del Carmen Mondragón Valseca Editar o valor em Wikidata
8 de xullo de 1893 Editar o valor em Wikidata
Tacubaya, México (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1978 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSpanish Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosGreen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintar Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , escritora , poeta , modelo Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioNahui Olin Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeManuel Rodríguez Lozano (1913–1922), divorcio
ParellaDr (pseudonym) Atl (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiManuel Mondragón Editar o valor em Wikidata

Rubí de María Gómez sinala que puido achegarse ás ideas feministas e mesmo se menciona a influencia da ideoloxía de Mary Wollstonecraft.[1] A filósofa María Cecilia Rosales mesmo sinala que o feito de que se autorrepresentase na súa pintura corresponde co seu coñecemento do feminismo mexicano e anglosaxón que a impulsou a explorar a súa creatividade.[2]

Traxectoria editar

Infancia e mocidade editar

Quinta filla do xeneral porfiriano Manuel Mondragón e de Mercedes Valseca, pertenceu á burguesía de fins do século XIX. A súa nai ensinoulle a tocar o piano e a escribir dende moi curta idade.[3] Por comisión do seu pai, quen deseñaba armas, toda a familia mudouse a París cando ela tiña catro anos e aí habitou durante oito anos. Nesa cidade estudou nun internado onde tamén aprendeu sobre diversas artes, como a danza clásica, a pintura, a literatura e o teatro.

Ao pasar á adolescencia, Carmen Mondragón regresou á Cidade de México e aos poucos anos coñeceu a Manuel Rodríguez Lozano, quen era cadete nese momento, e con quen contraeu matrimonio en 1913. Xuntos foron vivir a París onde conviviron con artistas como Diego Rivera, Georges Braque, Henri Matisse e Pablo Picasso. Ao iniciarse a primeira guerra mundial, a familia Mondragón refuxiouse en Donostia, onde a parella comezou a pintar.[4] Foi nese mesmo lugar onde se cre naceu o seu único fillo, que ao parecer morreu por asfixia ou morte de berce. A relación non prosperou cando regresaron a México en 1921. Separáronse despois de que ela coñecese a Doctor Atl e a homosexualidade do seu esposo (quen despois mantivo unha relación con Antonieta Rivas Mercado), de quen se divorciou en 1922.

Retorno a México editar

En 1921 volveu á Cidade de México e mergullouse na vida artística do país, onde resaltou polas súas ideas avanzadas e pola súa actitude provocadora. Conviviu con personaxes como José Vasconcelos, Frida Kahlo, Xavier Villaurrutia, Dolores del Río, Guadalupe Marín, Tereza Montoya, Tina Modotti, María Izquierdo, José Clemente Orozco, David Alfaro Siqueiros, Lupe Vélez e Salvador Novo. Tamén fixo de modelo para pinturas de Rosario Cabrera, para o mural "A creación" de Diego Rivera, onde aparece como Erato, a musa da poesía erótica; tamén posou para Jean Charlot e realizou espidos para os fotógrafos Edward Weston e Antonio Garduño. Mondragón formou parte do grupo de mulleres que durante as décadas de 1920 e 1930 produciron un dos períodos máis activos da cultura e a arte en México, e ás que Elena Poniatowska bautizou como "Las siete cabritas" (as sete cabriñas).

Ese mesmo ano iniciou unha relación de cinco anos co artista plástico Gerardo Murillo, máis coñecido como Doctor Atl, con quen viviu no ex convento da Mercé. Consérvanse máis de duascentas cartas escritas por ela e múltiples retratos que el lle fixo. Foi nesa etapa cando ela tomou o nome de Nahui Olin (cuarto movemento ou perpetuo movemento en náhuatl), en relación á renovación cíclica do calendario mexica. Ese período foi o máis prolífico na produción poética e pictórica na vida da artista.[5]

No filme La fabulosa vida de Diego Rivera menciónase a Carmen Mondragón como unha das dúas únicas mulleres integrantes da Unión Revolucionaria de Obreiros, Técnicos, Pintores, Escultores e Similares difundida en 1924 por “El Machete”, xunto con Carmen Foncerrada.[1] En 1935 tamén fundou a Liga Feminista de Loita contra as Toxicomanías, que buscaba erradicar os vicios que, ao seu xuízo, non permitían o progreso do país; con ela uníronse axiña outros grupos que buscaban o voto feminino, a igualdade de dereitos fronte aos homes, acceso ao traballo con apoios á maternidade, dereito a posuír terras, a integración das mulleres indíxenas e o acceso á educación para todas as mulleres.[2]

Tras rematar coa súa relación con Doctor Atl, Mondragón coñeceu o caricaturista Matías Santoyo, con quen viaxou a Hollywood. Aí o director Rex Ingram ofreceulle aparecer nun filme, mais ela non aceptou porque considera que quería explotar a súa imaxe como símbolo sexual, argumentando que co espido ela buscaba máis unha existencia estética que rompese tabús en canto ao espido na arte.[1]

Ao corenta anos coñeceu o capitán Eugenio Agacino, quen apareceu nalgúns dos seus cadros. Con el viaxou a Cuba, España e Francia, onde participou nunha exposición e deu concertos de piano.[6] Cando el morreu, ao parecer de inxesta de marisco en mal estado ou de choque anafiláctico (non está claro), Carmen Mondragón retirouse da vida pública, dedicando máis tempo á escritura que á pintura. Foi entón cando compuxo a súa diatriba contra a teoría da relatividade de Einstein que titulou Energía Cósmica, un libro onde mestura poemas, reflexións e asertos científicos.

Últimos anos editar

Durante os últimos anos da súa vida, Carmen Mondragón viviu no centro da Cidade de México. Mantíñase traballando como mestra de pintura nunha escola primaria e cunha bolsa proporcionada por Belas Artes.[5]

Morreu na súa casa da infancia en Tacubaya o 23 de xaneiro de 1978.[6]

Os restos mortais de Carmen Mondragón descansan no Panteón Español na Cidade de México. No cuartel "E" fosa 503, xunto co seu irmán e a súa sobriña.

Obra editar

Pintura editar

A súa obra pictórica inscríbese dentro do naíf, que se distingue pola espontaneidade e a inxenuidade. Ademais de facer múltiples autorretratos, cos seus característicos ollos verdes, Carmen Mondragón recreou imaxes típicas de México, como os seus parques, os seus mercados ou as pulquerías.[5] Outras das súas obras caracterízanse polo seu erotismo e a súa exploración da sexualidade.

Participou nunha exposición colectiva en Belas Artes en 1945, xunto con pintores como Pablo O’Higgins e José Clemente Orozco. Con todo, aos poucos desapareceu da escena artística.[6]

En 1993, con motivo do centenario do seu nacemento, organizouse a exposición "Nahui Olin, una mujer de los tiempos modernos" no Museo-Estudio Diego Rivera na Cidade de México.[3] A súa seguinte exposición individual exhibiuse de xuño a setembro do 2018 no Museo Nacional de Arte (Munal) na Cidade de México, e titulouse "Nahui Olin. La mirada infinita", onde se mostrou pintura, fotografía, caricaturas e publicacións da artista.[7]

Poesía editar

Un dos temas máis recorrentes na poesía de Carmen Mondragón é a liberdade corporal das mulleres, polo cal resultou revolucionaria para a súa época. Entre as súas obras publicadas en vida están: Óptica cerebral, poemas dinámicos (1922), Câlinement je suis dedans (1923), À dix ans sur mon pupitre (1924), Nahui Olin (1927) e Energía cósmica (1937).[6]

No ano 2012 a Universidade Autónoma de Nuevo León fixo unha compilación das súas obras baixo o título Nahui Olin: sin principio ni fin. Vida, obra y varia invención, en que non obstante non se publicaron as obras inéditas: Una molécula de amor e Totalidad sexual del cosmos, ademais dun poemario derivado da morte de Eugenio Agacino.[8]

Na cultura popular editar

No ano 2017 rodouse o filme Nahui, La musa olvidada sobre a vida de Carmen Mondragón, dirixida por Gerardo Tort cun guión escrito por el mesmo e Marina Stavenhagen. O filme rodouse no porto de Veracruz e na Cidade de México. A personaxe de Carmen Mondragón está interpretada por Tessa Ia, Irene Azuela e Delia Casanova e o de Doctor Atl polo actor Julio Bracho.[9][10] En 2019 a editorial Seix Barral publicou a novela Totalidad sexual del Cosmos de Juan Bonilla, relato que segue de preto a vida de Nahui Olin dende a súa infancia ata o seu redescubrimento en 1978.

En 2019, Sandra Frid publicou coa editorial Planeta a novela La mujer que nació tres veces, que narra a vida da artista.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Arratia Sandoval, Ana Laura (2011). El arte feminista: factor de expresión e identidad. Tesis para obtener el grado de licenciatura en artes visuales. Universidad Nacional Autónoma de México. 
  2. 2,0 2,1 Rosales, María Cecila. "Cyborgs, ángeles y quimeras: La representación del cuerpo femenino en la plástica mexicana". 
  3. 3,0 3,1 Matos Pérez, María Valeria (2006). La rotonda de las mujeres no ilustres. Una mujer de tantas: Nahui Olin (en castelán). México: Tesis para obtener la licenciatura en historia. Instituto Cultural Helénico. 
  4. Malvido Arriaga, Adriana (2002). Nahui Olin: la mujer del sol. Circe. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Museo Blaisten. "Nahui Olin". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 de la Rosa, Raúl. "Tiempo de Blues. Nahui Olin" (en castelán). La Jornada. Consultado o 29 de febreiro de 2016. 
  7. "Nahui Olin". Consultado o 16 de outubro de 2018. 
  8. Carlos Paul. "Reditan la antes inconseguible obra poética y ensayística de Nahui Olin" (en castelán). La Jornada. Consultado o 29 de febreiro de 2016. 
  9. "Nahui Olin, la musa olvidada". 
  10. "Tessa Ia e Irene Azuela interpretarán a Nahui Olin". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Zurián, Tomás (1992) Una mujer de los tiempos modernos. Casa Museo Diego Rivera
  • Malvido, Adriana (1999). Nahui Olin: la mujer del sol (en castelán). México: Edivisión. ISBN 978-968-890-373-5. 
  • Sánchez, Felipe (2015) Totalmente desnuda. Vida de Nahui Olin. (Instituto Veracruzano de Cultura)
  • Arratia Sandoval, Ana Laura, El arte feminista: factor de expresión e identidad, tesis para el grado de licenciatura en Artes Visuales, Universidade Nacional Autónoma de México, Escola Nacional de Artes Plásticas, México, 2011.
  • Malvido Arriaga, Adriana, Nahui Olin: la mujer del sol, Barcelona, Editorial Circe, 2002.
  • Matos Pérez, María Valeria, “La rotonda de las mujeres no ilustres. Una mujer de tantas: Nahui Olin”, tesis para obtener el grado de licenciada en Historia, Instituto Cultural Helénico, México, 2006.

Ligazóns externas editar