Carmen Kurtz

escritora catalana en lingua castelá

Carmen de Rafael Marés nada en Barcelona, o 18 de setembro de 1911 e finada o 5 de febreiro de 1999 foi unha escritora española que asinaba co apelido do seu marido, Pierre Kurz Klein.[1] Gañadora de varios premios literarios -o Planeta, entre outros- alcanzou renome nos anos 60 coa serie de libros infantís cuxo personaxe era un mozo, Óscar, que tiña por mascota un ganso, Kina.

Carmen Kurtz
Nacemento18 de setembro de 1911
 Barcelona
Falecemento5 de febreiro de 1999
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e escritora de literatura infantil
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Carmen de Rafael Marés naceu no seo dunha familia cosmopolita. Era neta e bisnieta de emigrantes cataláns que viviron en Estados Unidos, México e Cuba. O seu pai nacera na Habana e a súa nai, en Baltimore. Parte da súa educación recibiuna no Reino Unido e, sen dúbida, algunhas das súas experiencias nese país reflectíronse nos seus libros.[Cómpre referencia]

Casou co francés Pedro Kurz e viviu en Francia desde 1935. Viviu en diversas provincias francesas entre 1935 e 1943.[1]Regresou a España en 1943.[2]

Carmen empezou a súa carreira literaria escribindo contos. En 1954 publicou a súa primeira novela, Duermen bajo las aguas, que recibiu o Premio Cidade de Barcelona[2]. Es esta novela seguiulle La vieja ley e en 1956 obtivo o Premio Planeta con El desconocido.[2]

En 1962 comeza a escribir a serie de contos para nenos protagonizada por Óscar. Óscar cosmonauta conta a historia dun mozo que ten por mascota un ganso, Kina, e que decide construír un foguete. Aínda que a aventura acaba tendo un desenlace do tipo todo foi un soño, o certo é que Óscar viaxa a outros planetas onde se atopa con civilizacións socialmente avanzadas. Isto permite introducir unha serie de temas sorprendentemente avanzados para a época.

En 1964 gañou o Premio Lazarillo de narrativa infantil con Color de fuego.[3] Na década dos sesenta escribía no diario barcelonés La Prensa.[1] Foi redactora dun consultorio na última páxina deste diario. [3]

Ao longo da súa vida, Carmen Kurtz seguiu fiel a Óscar e Kina, pero tivo outras inquietudes. Resulta notable a súa triloxía Sic transit que se publicou entre 1973 e 1975. Tamén escribiu guións, como os que realizou xunto con Arthur Kaps para TVE, para os monicreques de Herta Frankel en 1972. Estes guións foron publicados e traducidos ó alemán.[1] Un dos seus guións recibiu o premio Premio Platero no Festival de cinema de Xixón en 1979 (Violeta en el Oeste).[1]

A maioría das obras da serie Óscar publicáronse na editorial Juventud, pero moitas foron traducidas tamén a varias linguas, como polaco, catalán, alemán e éuskaro. A súa filla Odile aparece como ilustradora en moitas das edicións dos seus libros infantís e xuvenís..[1] Do libro Óscar y Corazón de Púrpura, con guión de Jose María Blanco, naceu a película Óscar, Kina y el láser, estreada o 23 de decembro de 1978. [4]Esta película levou numerosos premios no Certame internacional de cinema para a infancia e xuventude, dentro da XVI edición do Festival de cinema de Xixón.[1]

RecoñecementosEditar

  • Premio Ciudad de Barcelona 1954 por Duermen bajo las aguas
  • Premio Planeta 1956 por El desconocido
  • Finalista Premio Café Gijón 1963 con En la oscuridad
  • Premio Lazarillo 1964 por Color de fuego
  • Premio Ciudad de Barbastro 1975 por Cándidas palomas
  • Candidata oficial de España ao Premio Internacional Hans Christian Andersen 1980
  • Premio CCEI 1980 por Veva

ObraEditar

NovelasEditar

  • Duermen bajo las aguas. Planeta, 1953. Premio Ciudad de Barcelona, 1954.
  • La vieja ley. Planeta, 1956.
  • El desconocido. Planeta, 1956. Premio Planeta, 1956.
  • Detrás de la piedra. Planeta, 1958.
  • Al lado del hombre. Planeta, 1961.
  • El último camino. Bruguera, 1961.
  • En la oscuridad, Planeta 1963. Finalista del Premio Café Gijón».
  • El becerro de oro. Planeta, 1964.
  • Siete tiempos. Planeta, 1964.
  • Las algas. Planeta, 1966.
  • En la punta de los dedos. Planeta, 1968.
  • Entre dos oscuridades. Planeta, 1969.
  • Al otro lado del mar. Planeta, 1973.
  • El viaje. Planeta, 1975.
  • Cándidas palomas. Planeta, 1975. Premio Ciudad de Barbastro, 1975.
  • El regreso. Planeta, 1976

Literatura infantil e xuvenilEditar

  • Color de fuego. Ilustraciones de Odile. Cid,1964. Premio «Lazarillo» 1964. Lumen,1973.
  • Chepita (Igreca, 1975). Ilustraciones de Odile. Escuela Española, 1979.
  • El conde sol. Escuela Española, 1980.
  • Veva. Ilustraciones de Odile. Noguer, 1980. Premio de la CCEI (Comisión Católica Española para la Infancia) 1981.
  • Veva y el mar. Ilustraciones de Odile. Noguer,1981.
  • Piedras y trompetas. Ilustraciones de Odile. Noguer, 1981.
  • La paloma, el cuervo y otros cuentos. Ilustraciones de Odile. Escuela Española, 1981.
  • La ballena y el cordero. Ilustraciones de Odile. Escuela
  • Fanfamús. Ilustraciones de Odile. Noguer, 1982.
  • Querido Tim. Ediciones SM, 1983.
  • Pitos y flautas. Ilustraciones de Odile. Escuela Española, 1983.
  • Pepé y Dudú. Ilustraciones de Odile. Escuela Española, 1983.
  • Los mochuelos. Ediciones SM, 1983.
  • Brun. Ilustraciones de Odile. Noguer, 1985.
  • Habacuc, dame la mano. Ilustraciones de Odile. Noguer, 1989.
  • ¿Habéis visto un huevo? Ilustraciones de Odile. Noguer, 1990.
  • Cosas que se pierden, amigos que se encuentran.Ilustraciones de Odile. Magisterio Español, 1990.
  • Pachu, perro guapo. Noguer, 1992.

Serie de ÓscarEditar

  • Óscar cosmonauta. Ilustraciones de Carlos Mª Álvarez. Juventud, 1962. Finalista del Premio «Lazarillo 1963.
  • Óscar, espía atómico. Ilustraciones de Carlos Mª Álvarez. Juventud, 1963. Premio de la CCEI (Comisión Católica Española para la Infancia), 1964.
  • Óscar y el Yeti. Ilustraciones de Odile. Editorial Cid,1964. Lumen, 1980.
  • Óscar y Corazón de Púrpura. Ilustraciones de Odil. Editorial Cid, 1965. Finalista del Premio de la CCEI(Comisión Católica Española para la Infancia) 1965. Lumen, 1971.
  • Óscar, espeleólogo. Ilustraciones de Odile. Editorial Cid, 1965. Premio de la CCEI (Comisión Católica Española para la Infancia) 1967. Lumen, 1971.
  • Óscar y los ovni. Ilustraciones de Odile. Editorial Cid, 1967. Lumen, 1974.
  • Óscar, agente secreto. Ilustraciones de Odile. Juventud, 1968.
  • Óscar en el Polo Sur. Ilustraciones de Odile. Juventud, , 1969
  • Óscar en el laboratorio. Ilustraciones de Odile. Juventud, 1970.
  • Óscar en los Juegos Olímpicos. Ilustraciones de Odile. Juventud, 1971.
  • Óscar en África. Ilustraciones de Odile. Juventud,1974. Premio de la CCEI (Comisión Católica Española para la Infancia) 1975 y Premio del Ministerio de Cultura al Libro de Interés Infantil 1975.
  • Óscar en las islas. Ilustraciones de Odile. Juventud, 1977. Finalista del Premio CCEI (Comisión Católica Española para la Infancia) 1978 y Premio del Ministerio de Cultura al Libro de Interés Infantil 1978.
  • Óscar, Kina y el láser. Ilustrado con fotos de la película del mismo título. Juventud, 1979, 1980.
  • Óscar, Buna y el Rajá. Ilustraciones de Odile. Juventud, 1980.
  • Óscar y la extraña luz. Ilustraciones de Odile. Juventud, 1984.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 [n.a.] (setembro 1999). ACEC, ed. "Biobliografía" (PDF). Cuadernos de estudio y cultura (en castelán) (11). Consultado o 26 marzo 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Moix, Ana María (setembro 1999). ACEC, ed. "La generosidad de Carmen Kutz" (PDF). Cuadernos de estudio y cultura (en castelán) (11). Consultado o 26 marzo 2018. 
  3. 3,0 3,1 Torres, Maruja (setembro 1999). ACEC, ed. "Mi hada madrina" (PDF). Cuadernos de estudio y cultura (en castelán) (11). Consultado o 26 marzo 2018. 
  4. "Óscar, Kina y el láser (1978)". IMDb. Consultado o 27 marzo 2018. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar