Carmen Climent
Carmen Climent Roca, nada en Bilbao o 13 de febreiro de 1996, é unha actriz de cinema, teatro e televisión, cantante e bailarina española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1996 ![]() Bilbao, España ![]() |
Residencia | Madrid ![]() |
Educación | Escola de Artes Escénicas Ánima Eskola ![]() |
Altura | 163 cm ![]() |
Cor dos ollos | Verde escuro ![]() |
Cor do pelo | Cabelo castaño ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz, bailarina, cantante ![]() |
Período de actividade | 2012 ![]() |
Profesores | Marina Shimanskaya, David Valdelvira, Richard Sahagún, Carlota Ferrer, Rakel Rodríguez, Igor Yebra, Sandra Tejero, Alejandra Nóvoa e Roberto Bienzobas ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Sergio Wolbers (2018–2020) ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
É coñecida polos seus papeis en diferentes películas e series como Cuéntame cómo pasó (La 1), Terror.app (Flooxer) ou Alardea (ETB1). En teatro, traballou en diferentes montaxes teatrais como Soño dunha noite de verán (2014), Verano de Cristal (2015), Luna On Beat, sobre Ruedas (2018), A lenda do tempo (2019) ou Madrid 24h (2021).[1]
Traxectoria
editarProvén dunha familia de músicos valencianos, polo que conviviu coa música desde pequena.[2] Os pais son naturais de Tavernes de la Valldigna (Valencia). Porén, trasladáronse a Bilbao polo pai, Rafael Climent, membro da banda municipal de música de Bilbao desde hai moitos anos.[3][4]
Comezou os seus estudos de teatro en talleres de diferentes escolas de Bilbao. Formouse en artes escénicas e interpretación na Escola Superior de Artes Escénicas Ánima Eskola onde estudou Arte Dramática baixo os métodos Stanislavsky, Mikhail Chekhov e Vajtangov (método ruso) con David Valdelvira e Marina Shimanskaya.[1][5][6][7] Alí coincidiu cos tamén actores Nerea Elizalde, Julen Guerrero, Lorea Lyons i Ane Inés Landeta, xunto cos que estudou.[1]
En 2014 representou a obra O soño dunha noite de verán de William Shakespeare, dirixida por David Valdelvira, galardoada co Premio Buero de Teatro.[8]
Tamén estudou clases de cinema con Richard Sahagún. En 2015 entrou a formar parte da compañía de teatro hACERÍA de Bilbao, coa que representou máis de 30 funcións das obras: Verano de Cristal e La tristeza del caracol. En 2019 protagonizou a montaxe do Teatro Pavón Kamikaze La leyenda del tiempo, a partir de Así que pasen 5 años de Federico García Lorca, baixo a dirección de Carlota Ferrer e Darío Facal. Coa compañía formou parte tamén de diferentes musicais, como Luna, sobre ruedas.[9]
Tamén se formou en canto musical e lírico e en danza clásica, con Igor Yebra, contemporánea, jazz e claqué.[10][11] Como bailarina participou na compañía de baile de Rakel Rodríguez.
En decembro de 2018 incorporouse ao elenco da serie Cuéntame cómo pasó de La 1, na que interpreta a María Alcántara, tras a saída de Paula Gallego. A3 incorpóraa como protagonista para a súa canle web Flooxer na serie Terror.app. A EITB aborda na serie en éuscaro Alardea un tema controvertido: a tradición contra o progreso na celebración do Alarde en Hondarribia. As protagonistas son Itziar Ituño e Carmen Climent como nai e filla respectivamente.[12][13][14]
Filmografía
editarTelevisión
editarAno | Serie | Canle | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2019 | Terror.app[15] | Flooxer | Clara | 6 episodios |
2019 - presente | Cuéntame cómo pasó | La 1 | María Alcántara | 42 episodios* |
2020 | Alardea | ETB 1 | Jone | 4 episodios |
Curtametraxes
Ano | Película | Canle | Personaxe |
---|---|---|---|
2019 | Regina | Carmen |
Teatro
editar- 2021, Madrid 24h, Dir. Marc Flynn e Dídac Flores
- 2019, La leyenda del tiempo, Dir. Carlota Ferrer e Darío Facal
- 2018, Luna, sobre ruedas, Dir. Antonio Martín Regueira
- 2015, La tristeza del Caracol, Dir. Richard Sahagún (hACERÍA)
- 2015, Verano de Cristal, Dir. Richard Sahagún (hACERÍA)
- 2015, Diálogos Imposibles, Dir. Marina Shimanskaya
- 2014, Sueño de una noche de verano, Dir. David Valdelvira[8]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "La vida actual de Carmen Climent: de ser María en 'Cuéntame' a su espectacular cambio físico". El Español (en castelán). 2025-02-18. Consultado o 2025-02-28.
- ↑ "Así es Carmen Climent, la nueva María Alcántara de 'Cuéntame'" (en castelán). 5 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ "Raíces valencianas en 'Cuéntame': Carmen Climent será María, la hija pequeña de los Alcántara" (en castelán). 12 de decembro de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ "Bilbao Musika". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ FURUNDARENA, ARANTZA (2019-03-20). "Carmen Climent: «María Alcántara es un poco vasca»". Hoy (en castelán). Consultado o 2025-02-28.
- ↑ "La actriz Carmen Climent actuará este domingo con la Banda Municipal de Bilbao - Nuestras Bandas de Musica". web.archive.org. 2022-09-04. Consultado o 2025-02-28.
- ↑ "Carmen Climent – Tandem Talent". web.archive.org. 2022-08-10. Consultado o 2025-02-28.
- ↑ 8,0 8,1 "Premio “Buero” de Teatro (2015)." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ Redacción. "VIDEO | Así es Carmen Climent, la nueva María Alcántara de 'Cuéntame'" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ "lourdesnaranjo | Carmen Climent" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ "Carmen Climent: noticias, fotos y vídeos" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ "Así es Carmen Climent, la nueva protagonista de Cuéntame" (en castelán). 5 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ Onieva, Por Álvaro (5 de decembro de 2018). "'Cuéntame cómo pasó' cambia a la actriz que interpreta a María en su temporada 20" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ "Carmen Climent". Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ ATRESPLAYER (19 de xuño de 2019). "Terror.app" (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2019.