Abrir o menú principal

Carme Ballester

segunda muller de Lluís Companys

Carme Ballester i Llasat, nada en Barcelona o 27 de abril de 1900, e finada en París en 1972, foi a segunda esposa do presidente da Generalitat de Cataluña Lluís Companys.[1]

Carme Ballester
Nome completoCarme Ballester i Llasat
Nacemento27 de abril de 1900
 Barcelona
Falecemento7 de marzo de 1972
 París
SoterradaCamposanto de Montjuïc
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
CónxuxeLluís Companys
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Militou en Estat Català e en 1936 casou con Lluís Companys, logo de divorciarse de Joan Duran. Exiliouse en París durante a guerra civil española, en abril de 1938, para estar preto do seu fillastro, Lluís Companys i Micó, ingresado nun sanatorio. Cando o seu marido foi capturado en Francia pola policía militar alemá e executado polo réxime franquista, tivo contactos coa Resistencia francesa e escondeu a cidadáns xudeus. Morreu no exilio en 1972, despois de que se lle recoñecese unha pensión de viúva como vítima do nazismo.[2][3]

NotasEditar

  1. "Carme Ballester". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. Figueres. Veus de L'Exili: 20 Testimonis de La Diaspora Catalana (en catalán). Cossetània Edicions. ISBN 8497912586. 
  3. Finestres, Jordi. "Qui era Carme Ballester" (96). Barcelona. ISSN 1695-2014. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Dueñas, Oriol. Carme Ballester: compromís, resistència i solitud. Editorial Gregal. ISBN 978-84-17082-72-7.