Carlota Castrejana


María Carlota Castrejana Fernández, nada en Logroño (A Rioxa) o 25 de abril de 1973, é unha exbaloncestista e exatleta española. Conseguiu os seus maiores logros na modalidade de triplo salto, pero que tamén o fixo nas disciplinas de salto de altura e salto de lonxitude. Antes de dedicarse ao atletismo foi xogadora profesional de baloncesto.

Infotaula de personaCarlota Castrejana

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalMaría Carlota Castrejana Fernández
Biografía
Nacemento25 de abril de 1973 (50 anos)
Logroño, A Rioxa
Datos persoais
ResidenciaMadrid
País de nacionalidadeEspaña España
Altura1,88 m
Peso70 kg
Actividade
Ocupaciónbaloncestista , política , atleta , xurista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteAtletismo (Triplo salto, salto de altura, salto de lonxitude)
Baloncesto
Disciplina deportivaSalto de lonxitude Editar o valor em Wikidata
Participou en
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000
1992Xogos Olímpicos de 1992
1991Jogos do Mediterrâneo de 1991 (pt) Traducir
1991Universíada de Verão de 1991 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: Carlotacf15 IAAF: 14261845 Olympic.org: carlota-castrejana Editar o valor em Wikidata

É a única persoa española que participou en dúas modalidades diferentes nos Xogos Olímpicos: Castrejana disputou os Xogos Olímpicos de 1992 de Barcelona como xogadora de baloncesto e, posteriormente, participou nos de Atenas, Sidney e Pequín como atleta na modalidade de triplo salto, disciplina na que tamén foi campioa de Europa en pista cuberta no 2007 e recordwoman nacional desde o ano 2000 até o de 2019, cando foi relevada pola galega Ana Peleteiro.[1][2]

Na actualidade traballa no equipo directivo da Real Federación Española de Atletismo (da que foi vicepresidenta). Anteriormente foi Directora Xeral de Deportes da Comunidade de Madrid,[3] e traballou como avogada no bufete Gómez-Acebo & Pombo.

Traxectoria deportiva editar

Baloncesto editar

Carlota foi xogadora profesional deste deporte desde os 14 anos até os 19. Participou coa selección española nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92, onde este equipo conseguiu un excelente 5º posto. Foi tamén medalla de ouro nos Xogos do Mediterráneo de Grecia en 1991, e medalla de prata no Campionato de Europa Xúnior de 1990. Durante a temporada 2010-2011 xogou no Asefa Estudiantes de Madrid, retornando ao baloncesto despois de 18 anos. Xogaba unicamente nos partidos como local.[4]

Atletismo editar

Tras as Olimpíadas, e vendo as súas grandes cualidades físicas, convencérona para dar o salto ao atletismo, onde comezou especializándose en salto de altura, disciplina na que, tan só despois de dous anos competindo, conseguiu o récord de España con 1,89 m. En 1998 cambiou de disciplina, xa que os seus adestradores se deron de conta de que tiña máis facultades para o triplo salto (compaxinándoo nalgunha ocasión co salto de lonxitude), e aí foi onde conseguiu os seus maiores éxitos. Conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta de 2005 celebrado en Madrid, chegando ao cumio ao proclamarse, o 4 de marzo de 2007, campioa no Campionato de Europa de atletismo en pista cuberta que se celebrou en Birmingham, Reino Unido, batendo o récord de España cun salto de 14,64 metros, no seu mellor concurso da historia[5].

Palmarés editar

  • Campioa de Europa de triplo salto en pista cuberta (14,64, Birmingham 2007).
  • Bronce no Campionato de Europa, Madrid, 2005.
  • Récord de España absoluto en triplo salto en pista cuberta (14,64 en 2007).
  • Récord de España absoluto en triplo salto ao aire libre (14,60 en 2005).
  • Campioa de España absoluta de triplo salto ao aire libre (2000-2001-2002-2003-2004-2005-2006).
  • Campioa de España absoluta de triplo salto en pista cuberta (2000-2001-2002-2003-2004-2005-2006-2007).
  • Campioa de España absoluta de salto de altura ao aire libre (1996).
  • Campioa de España absoluta de salto de altura en pista cuberta (1995-1997).
  • Campioa de España promesa en salto de altura ao aire libre (1994) e en pista cuberta (1995).
  • Campioa de España promesa en salto de altura en pista cuberta (1995-1997) e de triplo salto (2000).
  • Diploma Olímpico como xogadora de baloncesto, Barcelona 92.
  • 4 veces Olímpica, Barcelona, Atenas, Sidney, Pequín.

Recoñecementos editar

Récords de España editar

  • Pista cuberta - Triplo salto: 14,22 - 14,32 (2003) - 14,37 (2004) - 14,42; 14,44; 14,45 (2005) - 14,64 (2007).
  • Aire libre - Triplo salto: 14,51 (2002); 14,60 (2005).
  • Pista cuberta - Salto de altura: 1,89 (1995).
  • Aire libre - Salto de altura: 1,89 (1996).

Traxectoria editar

Notas editar

  1. "Ana Peleteiro, la gallega que sabe volar". La Voz de Galicia. 3 de marzo de 2019. 
  2. Israel Molina (3 de marzo de 2019). "Peleteiro hace historia con sus 14.73. La gallega se cuelga el oro y destroza el récord de España, vigente desde hace doce años y que estaba en poder de Carlota Castrejana". El Independiente (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 06 de marzo de 2019. 
  3. "Carlota Castrejana se pasa a la política". As (en castelán). 28 de abril de 2009. 
  4. "Carlota Castrejana juega a buen nivel en el Estudiantes". Marca (en castelán). 15 de decembro de 2010. 
  5. "Oro europeo y récord de España para Carlota Castrejana". Marca. 4 de marzo de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar