Carlos de Arce Robledo

escritor e xornalista galego

Carlos de Arce Robledo, nado en Chantada o 3 de febreiro de 1932 e finado o 17 de decembro de 2006, foi un escritor e xornalista galego.

Carlos de Arce Robledo
AlcumePaul Reader
Nacemento3 de febreiro de 1932
Lugar de nacementoChantada
Falecemento17 de decembro de 2006
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Instalouse en Madrid onde traballou como xornalista: foi secretario de dirección do Semanario Sipe, redactor da revista Rumbos, e correspondente do diario Pueblo. En 1953 publicou o seu primeiro libro La nieta del duque. Estableceuse en Barcelona onde apareceu a maior parte da súa obra, ás veces asinando co pseudónimo Paul Reader. Foi finalista dos Premios Nadal, Ciudad de Barcelona e Elisenda de Moncada.

Obras editar

  • La nieta del duque, 1953.
  • Camino de Leganés, 1953 (farsa musical).
  • Los Desgajados, 1961.
  • Exploraciones famosas, 1961 (asinada como Paul Reader).
  • Tribunal de la muerte, 1963.
  • Lacras Sociales, 1967 (asinada como Paul Reader).
  • Biografía de las pasiones, 1967 (asinada como Paul Reader).
  • Por Europa en Auto Stop, 1968.
  • La borrachera de los olvidados, 1971.
  • Grandeza y servidumbre de 20 Premios Planeta, 1972.
  • Eros Blanco, 1976.
  • El Caminante, 1991

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar