Carlos Zubillaga

historiador, xenealoxista e profesor uruguaio
(Redirección desde «Carlos Zubillaga Barrera»)

Carlos Alberto Zubillaga Barrera, nado en Montevideo en 1941, é un historiador, xenealoxista e docente universitario uruguaio. É membro de honra da Real Academia Galega.[1]

Infotaula de personaCarlos Zubillaga
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da República
Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Buenos Aires (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxenealoxista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en 1973 en historia pola Universidade da República e no ano 2001 logrou o doutoramento na Universidade de Buenos Aires. Foi membro do Consello da Facultade de Humanidades e Ciencias (desde 1989 denominada Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación) da súa alma máter en representación, ao longo do tempo, da Orde Estudantil, da Orde dos Diplomados e da Orde Docente. Ademais foi decano desa facultade durante dous mandatos: 1989-1993 e 1993-1997, e tamén integrante do Consello Directivo Central (CDC) da Universidade da República entre os anos 1988-1997 e nesa universidade exerceu como profesor titular de historia da historiografía, e de teoría e metodoloxía da historia, director do Departamento de historioloxía, coordinador do Instituto de Ciencias Históricas e director do Centro de Estudos Galegos (Cegal).

 
Nós: Órgano Oficial de la Asociación Uruguaya de Hijos de Gallegos.

Foi Profesor de teoría e metodoloxía da historia no Instituto de Profesores Artigas (IPA) de Montevideo, entre os anos 1971-1977, director do Seminario de Formación de Investigadores en Historia no Centro Latinoamericano de Economía Humana (CLAEH) de Montevideo, profesor de historia da cultura (1979-1985) e de historia latinoamericana e nacional (1983-1985), no Instituto Teolóxico do Uruguai "Monseñor Mariano Soler".

Desenvolveu diversas investigacións temáticas de indagación histórica e dende unha perspectiva multidisciplinar. Representante da denominada Nova Historia contribuíu á renovación historiográfica uruguaia que comezou a mediados da década de 1960, converténdose nun dos principais referentes da historiografía uruguaia contemporánea e mais da reflexión teórico-metodolóxica da historia.[2] Prestou tamén unha especial atención á xenealoxía, preocupado pola difusión dos seus novos aspectos teórico-metodolóxicos e da súa cualidade de ciencia auxiliar da historia, considerándose discípulo de Juan Alejandro Apolant, autor da monumental Génesis de la Familia Uruguaya. Tamén é un recoñecido investigador do galeguismo político e, particularmente, da súa proxección no continente americano.[3]

Colaborou coa revista Semanario Aquí (1983-1986).

Obra editar

  • Los niños de la guerra. Montevideo, Linardi y Risso, 2013
  • Relixión e rexiosidade na temperá emigración galega a Uruguai, A Coruña, Real Academia Galega, 2012[4]
  • Cultura popular en el Uruguay de entresiglos (1870-1910), Montevideo, Linardi y Risso, 2011. (Premio Bartolomè Hidalgo 2011 ao mellor ensaio histórico).
  • Perfiles en sombra. Aportes a un diccionario biográfico de los orígenes del movimiento sindical en Uruguay. Montevideo, Librería de la Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación, 2008.
  • Historia e Historiadores en el Uruguay del siglo XX, Montevideo, Librería de la Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación, 2002.
  • "O exilio galego en Montevideo: ¿subsidiario ou autónomo?" en Congreso Internacional o Exilio Galego (2001. Santiago de Compostela), 2001, ISBN 84-96530-29-9, páxs. 393-420
  • Carlos Gardel (Prólogo de Jorge Luis Borges), Madrid, Ediciones Jucar, 1976.
  • Artigas y los Derechos Humanos, Montevideo, Edición del Comité Central Israelita del Uruguay, 1966.
  • Herrera. La encrucijada nacionalista (en colaboración). Montevideo, Editorial Arca, 1977.
  • Cristianos y cambio social en el Uruguay de la modernización (1895-1919), canda Mario Cayota, Montevideo, Ediciones del CLAEH, 1982 (edición mimeografiada). CLAEH - Ediciones de la Banda Oriental, Montevideo, 1989.
  • "Castelao y el Uruguay." en Actas Congreso Castelao (Santiago de Compostela, 24-29 de novembro de 1986). Justo G. Beramendi e Ramón Villares eds. Cursos e Congresos nº 62. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. 1989. ISBN 84-7191-568-5 (tomo I). ISBN 84-7191-570-7 (obra completa) DL C 1308-1989. Páxs. 163-170.
  • A prensa galega de inmigración en Uruguai. Vigo, Consello da Cultura Galega, 1996
  • Los cruceiros del Montevideo antiguo.Montevideo, Patronato da Cultura Galega, 1967

Notas editar

  1. "Carlos Alberto Zubillaga Barrera". Real Academia Galega. 
  2. Leticia Soler (2000). Historiografía uruguaya contemporánea, 1985-2000. Ediciones Trilce, p. 45
  3. "O profesor Carlos Zubillaga reivindica e documenta no seu libro "Castelao y Uruguay" a importancia das relacións do galeguista coa colectividade uruguaia", CCG, 11/5/2005.
  4. Zubillaga Barrera, C. A. (2012). Relixión e rexiosidade na temperá emigración galega a Uruguai. A Coruña: Real Academia Galega. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar