Abrir o menú principal

Carlos Vázquez Padín

político galego

Carlos Vázquez Padín, nado en Tui o 1 de agosto de 1973, é un político e emprendedor galego.

Carlos Vázquez Padín
(Carlos Vázquez Padín) Tuy San Telmo 2019.jpg
Nacemento1 de agosto de 1973
 Tui
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela. Fundou Converxencia 21 en 2009, partido de orientación liberal e galeguista do que foi Secretario Xeral interino dende a súa fundación e en outubro de 2010 foi ratificado no cargo polo I Congreso nacional de Converxencia 21[1]. Nas eleccións municipais de 2011 foi candidato á alcaldía de Tui por esta formación, e obtivo posto de concelleiro, co que se converteu no primeiro cargo institucional do seu partido. En 2013, no III Congreso Nacional abandonou a secretaría xeral, e foi substituído por Garcilaso de la Vega López, nese mesmo congreso foi nomeado presidente do partido, cargo de índole honorífica.

En 2015 volveuse presentar ás eleccións municipais na súa cidade natal, e a súa formación obtivo dous concelleiros. En outubro de 2017 foi elixido alcalde de Tui logo dunha moción de censura, cos votos de PP, Alternativa Popular de Tui e Cidadáns Tudenses[2][3].

En maio de 2018 tivo que facer fronte á explosión dun almacén pirotécnico clandestino no barrio da Torre, na parroquia de Paramos, sendo esta crise a que marcou o seu goberno.[4]

En maio presentouse á reelección acompañado de varios concelleiros do seu goberno e coa fichaxe de José Manuel Palacín (ex presidente do Centro Democrático Liberal), porén só obtivo 929 votos e tan só un representante. Debido ós resultados que el mesmo catalogou como "malos" renunciou á acta, quedando Palacín como concelleiro.[5]


Predecesor:
Enrique Cabaleiro González
  
Alcalde de Tui
 
2017 - 2019
Sucesor:
Enrique Cabaleiro González

ObrasEditar

NotasEditar

  1. Carlos V. Padín, primeiro secretario xeral de Converxencia XXI Arquivado 06 de outubro de 2010 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 3/10/2010.
  2. "Vázquez Padín é o novo alcalde de Tui despois de que prosperara a moción de censura". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2017. Consultado o 18 de outubro de 2017. 
  3. "Vázquez Padín asume la alcaldía de Tui entre abucheos y gritos de "corrupto"". elcorreogallego.es. 17-10-2017. Consultado o 20-6-2019. 
  4. Lema, X.M. (16-6-2019). "El ayuntamiento de Tui está volcándose con los afectados, estamos en su piel, acompañándolos en sus demandas". adiantegalicia.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24-06-2019. Consultado o 24-6-2019. 
  5. Oliva, Marisol (28-5-2019). "El alcalde en funciones de Tui renuncia a su acta de concejal por los malos resultados". atlantico.net (en castelán). Consultado o 21-10-2019. 
  6. "Vázquez Padín presenta o seu libro "Por un Tui próspero"". /xornal21.com. 26-12-2014. Arquivado dende o orixinal o 24-06-2019. Consultado o 24-6-2019. 

Véxase taménEditar