Carlos Iturgaiz

político español
(Redirección desde «Carlos Iturgaiz Angulo»)


Carlos José Iturgaiz Angulo, nado en Santurtzi (Biscaia) o 20 de outubro de 1965, é un político do Partido Popular do País Vasco.[1]

Infotaula de personaCarlos Iturgaiz

(2009) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Santurtzi, España Editar o valor em Wikidata
Eurodeputado
Representa: Partido Popular

6 de novembro de 2014 – 1 de xullo de 2019
← Miguel Arias Cañete

Circunscrición electoral: España
Eurodeputado
Representa: Partido Popular

14 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014

Circunscrición electoral: España

Eurodeputado
Representa: Partido Popular

20 de xullo de 2004 – 13 de xullo de 2009

Circunscrición electoral: España

Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xuño de 2001 – 30 de xuño de 2004 – Ignacio Gamero Delgado (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
25 de novembro de 1998 – 8 de xuño de 2001

Circunscrición electoral: Biscaia
Q32979606 Traducir
5 de outubro de 1996 – 6 de novembro de 2004
← Jaime Mayor OrejaMaría San Gil →
Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994, 3 de agosto de 2020 – 30 de xuño de 2004

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994 – 25 de novembro de 1998

Circunscrición electoral: Biscaia
Q47388883 Traducir
20 de xuño de 1991 – 17 de xuño de 1995 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor de música Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata

Facebook: carlos.iturgaiz.7 Twitter: carlositurgaiz Instagram: carlositurgaiz Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Con familia de orixes carlistas, Iturgaiz criouse entre Santurtzi e Portugalete, onde estudou no Colexio Santa María. Nun principio foi considerado mal estudante e encamiñado á formación profesional. Con todo, na súa adolescencia, unha vez cambiou de instituto, endereitou a súa carreira académica. Posteriormente iniciou estudos de linguas clásicas, que abandonaría para titularse como profesor de acordeón.

A súa traxectoria política iníciase como apoderado das Xuntas Xerais de Biscaia e como concelleiro do Concello de Bilbao no ano 1991. No primeiro cargo estaría até 1993, mentres que no segundo estaría até 1995. En 1994 comezou o seu labor de deputado no Parlamento Vasco, cargo que non deixaría até a súa elección como deputado para o Parlamento Europeo.[1]

Dentro do Partido Popular no País Vasco foi designado secretario xeral en 1993, cargo dende o que pasaría a ser presidente en 1996 e no que estivo até 2004.[1]

Encabezou a lista deste partido nas Eleccións ao Parlamento Vasco de 1998, mentres Mayor era ministro de Interior e conseguiu un grande éxito electoral, ó situar ó PP en segunda posición. Esta era a primeira vez que o PP quedaba nesa posición. O resultado repetiríase en 2001 con Mayor Oreja, pasando o PP a ser a terceira forza en 2005 con María San Gil.

Entre 2004 e 2014 foi eurodeputado, pero non conseguiu revalidar o cargo nas eleccións europarlamentarias do 2014. Tras a elección de Miguel Arias Cañete como comisario europeo, accedeu ao Parlamento Europeo como seguinte da lista do PP.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Sus diputados: Carlos José ITURGAIZ ANGULO". Parlamento Europeo. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2013. Consultado o 22 de novembro de 2016.