Carlos III de Provenza

Carlos III de Provenza e IV ou V de Anjou, nado en 1436 e finado en Marsella en 1481, foi conde de Guisa, Maine e Mortain (1472 - 1481) e duque de Anjou e conde de Provenza (1480 - 1481).

Carlos III de Provenza
Charles III de Provence roi de Sicile duc dAnjou comte du Maine.jpg
Nacemento1446
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento10 de decembro de 1481
Lugar de falecementoMarsella
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónfeudatario
PaiCarlos, Conde de Maine
NaiIsabel of Luxembourg
CónxuxeJeanne of Lorraine e Jeanne of Lorraine
IrmánsJean Louis Marin of Anjou e Louise of Anjou
Na rede
WikiTree: Of_Anjou-59
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Carlos de Anjou e Isabel de Luxemburgo, e polo tanto neto de Luís II de Anjou, conde de Provenza e rei de Nápoles, e de Iolanda de Aragón. Á morte do seu pai en 1472, herdou os títulos adxacentes ao título principal de Conde-Duque de Anjou. Na numeración do ducado de Anjou a miúdo preséntase como Carlos V fronre ao correcto Carlos IV. En 1480, á morte do seu tío, Renato I, sucedeuno como quinto duque de Anjou, así como conde de Provenza. A sucesión recaeu en Carlos, xa que naquel ano Renato de Anjou só tiña unha filla sobrevivente, Iolanda, que xa recibira o condado de Bar e o Ducado de Lorena. En 1474 casou con Xoana de Lorena, filla de Iolanda de Anjou e, polo tanto, neta de Renato. Non houbo descendencia deste matrimonio. Á súa morte, o condado de Provenza, así como o título de duque de Anjou, pasaron ao seu curmán o rei de Francia Luís XI e integráronse á coroa francesa.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar