Carlos García Cólmelo
empresario e político galego
Carlos García Cólmelo, finado na Coruña o 27 de maio de 1969, foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 27 de maio de 1969 A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Familia | |
Irmáns | Julio García Cólmelo |
Traxectoria
editarIrmán de Julio García Cólmelo. Empregado de Rubine e Hijos, foi despois armador da Coruña. Membro da Irmandade da Fala da Coruña, asistiu á I Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918. Foi vogal da directiva do coro Cántigas da Terra.[1] Finou na Coruña o 27 de maio de 1969.[2]
Vida persoal
editarCasou con Antonia Roca Faginas, que finou en 1912,[3] volveu casar con Ángela Ruibal Mera en 1914,[4] que finou en 1918,[5] e foi pai de Ángela, María de la Consolación e Eugenia García.