Carlos Barrera

político español

Carlos Barrera Sánchez, nado en Vielha (Lleida) o 3 de decembro de 1950 e finado no mesmo lugar o 7 de abril de 2022,[1] foi un político aranés afiliado a Convergéncia Democratica Aranesa. Foi Síndico de Arán entre 1995 e 2007 e dende maio de 2011 ata o 18 de xuño de 2019, ano en que se retirou da política.[2].

Carlos Barrera
El Síndic d'Aran, Carlos Barrera, l'any 2017.jpg
Nacemento3 de decembro de 1950
Lugar de nacementoVielha
Falecemento7 de abril de 2022
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Carlos Barrera naceu na capital do Val de Arán en 1950. Na década de 1960 trasladouse coa súa familia a Barcelona, onde estudou mestría industrial. Traballou en FECSA antes de volver en 1972 ao Val de Arán.

Durante a transición formou parte da asociación de veciños Es Tersús e de Unitat d'Aran, partido co que se presentou ás eleccións municipais españolas de 1979, resultando concelleiro do concello de Vielha. Cando esta formación pasou a formar parte do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) deixou a política ata 1995.

En 1995 presentouse como candidato a Síndico de Arán por Convergéncia Democratica Aranesa e saíu elixido por maioría absoluta. Repetiu nas eleccións de 1999 e 2003 tamén con maioría absoluta. En 2007 gañou as eleccións Unitat d'Aran, que gobernou grazas ao apoio do PRAG. En 2011, CDA volveu acadar a maioría absoluta con Carlos Barrera como candidato, e revalidouna en 2015.

NotasEditar

  1. Vilaweb
  2. Biografia na páxina web do Consell d'Aran


Predecesor:
Amparo Serrano Iglesias
  
Síndico de Arán
 
1995-2007
Sucesor:
Francés Boya Alòs


Predecesor:
Francés Boya Alòs
  
Síndico de Arán
 
2011-2019
Sucesor:
Francés Boya Alòs