Carlo Giuseppe Testa

Bispo auxiliar da vigairía latina de Constantinopla

Carlo Giuseppe Testa,[1] nado o 28 de xuño de 1808 en Constantinopla e finado na mesma cidade o 24 de setembro de 1887, foi un eclesiástico católico latino, brevemente bispo auxiliar da vigairía apostólica de Constantinopla.

Carlo Giuseppe Testa
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1808 en Constantinopla, Imperio Otomán
Pasamento24 de setembro de 1887 en Constantinopla, Imperio Otomán
Bispo auxiliar de Constantinopla
Bispo titular de Facusa
1885 - 1887
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

De orixe italiana,[2] naceu en Constantinopla o 28 de xuño de 1808.[3] Foi ordenado sacerdote da vigairía apostólica de Constantinopla, e posteriormente nomeado vigairo xeral de Paolo Brunoni.[4]

O 20 de marzo de 1885 foi nomeado bispo auxiliar da vigairía, e bispo titular de Facusa.[3] Recibiu a consagración episcopal na catedral do Espírito Santo de Istambul o 26 de abril do mesmo ano, de mans do vigairo apostólico Luigi Rotelli, e tivo como co-consagrantes ao arcebispo auxiliar de Neápolis Veniamin Efsevidis e ao bispo de Trebisonda Boghos Marmarian.[5] O 9 de agosto ordenou sacerdote a Michel Tamarati.[6]

Finou no cargo o 24 de setembro de 1887.

NotasEditar

  1. Tamén referenciado como Charles Joseph Testa.
  2. Zena, Remigio (1999). In yacht da Genova a Costantinopoli: giornale di bordo. De Ferrari. p. 247. ISBN 9788871722375. 
  3. 3,0 3,1 La gerarchia cattolica e la corte pontificia per l'anno 1886. p. 286. 
  4. Cecconi, Eugenio (1887). Histoire du Concile du Vatican: d'après les documents originaux 3. Lecoffre. p. 39. 
  5. "Consacrazione di Monsignor Testa". Le missioni cattoliche: 265. 1885. Quest'imponente cerimonia fu tenuta il 26 di aprile nella cattedrale latina dello Spirito Santo a Pancalti. Sua Ecc. Mons. Luigi Rotelli, vicario e delegato apostolico, assistito da Mons. Beniamino Eusevides, arcivescovo di rito greco, e da Mons. Paolo Marmarian, vescovo armeno di Trebisonda, conferì la consacrazione vescovile a Mons. Testa, a cui il Santo Padre avea assegnato il titolo dell'antica sede vescovile di Facusa.  "Versión dixitalizada". Biblioteca Nazionale Centrale di Roma. 
  6. "Bénédictins Géorgiens de Fery-Keui (Constantinople)". Revue Bénédictine 2: 484. 1885. Deux moines géorgiens, de la Congrégation de l'Immaculée Conception, André Simonati et Michel Tamarati ont été ordonnés prêtres [...]a été ordonné [...] le dimanche 9 août, par Sa Grandeur Mgr Testa, vicaire général.