Caridad González Cerviño

política galego

Caridad González Cerviño, nada en Muros o 16 de xaneiro de 1961, é unha política e procuradora galega do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaCaridad González Cerviño
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Muros, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Muros
2011 – 2015
← Domingos DosilMaría Xosé Alfonso →
Alcaldesa de Muros
2004 – 2007
← Celestino Formoso VidalDomingos Dosil → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Muros Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , procuradora Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Procuradora e graduada en dereito. Foi elixida concelleira en Muros polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 2003, sendo alcalde Celestino Formoso, e foi segunda tenente de alcalde e concelleira de urbanismo e obras no bipartito co BNG. Trala morte de Formoso en xuño de 2004 foi elixida alcaldesa e continuou o goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG ata xuño de 2006, cando rompeu o acordo cos nacionalistas e continuou o goberno en minoría ata o final da lexislautra en 2007.

Nas eleccións municipais de 2007 foi cabeza de lista do seu partido, sendo este o máis votado e quedando a só un concelleiro da maioría absoluta. Porén, non foi reelixida como alcaldesa xa que o dirixente do BNG, Domingos Dosil, chegou un acordo co PPdeG para a súa investidura como alcalde, polo que se situou na oposición. Neste mandato foi deputada provincial, encargándose da área de cultura. Nas eleccións municipais de 2011 volveu a presentarse á alcaldía polo PSdeG-PSOE conseguindo unha vitoria idéntica á de catro anos atrás e recuperando a alcaldía, xa que nesta ocasión populares e nacionalistas non pactaron, polo que puido gobernar en minoría.

Nas municipais de 2015 volveu encabezala candidatura socialista, pero nesta ocasión perdeu máis de 500 votos e pasou de 6 a 4 concelleiros, empatando co PPdeG, que foi a lista máis votada. Desta forma, apoiou sorprevisamente a investidura da candidata de CxG, María Xosé Alfonso[1], coa que mantivera sonados enfrontamentos no pasado mandato. Desta forma, mantívose na oposición gobernando CxG en minoría, e sen que a relación entre ambas forzas se encauzase pese ó apoio socialista na investidura. Desta forma, nas municipais de 2019 concorreu de novo a alcaldía, dándose unha correlación de forzas idéntica á de catro anos antes, pese a que os socialistas recortaron distancias co PPdeG, o cal asumiu a alcaldía en minoría ante a falta de acordos entre os demais grupos.

Formou parte da candidatura socialista ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, sen resultar elixida, e é membro da Executiva Provincial coruñesa do partido tralos congresos de 2018 e 2022.

Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura socialista en Muros, baixando a 3 concelleiros e quedando por detrás do PPdeG e do BNG. Desta forma alcanzou un acordo de goberno cos nacionalistas e pasou a asumila Primeira Tenencia de Alcaldía e as áreas de Facenda, Cultura e Turismo[2].


Predecesor:
Celestino Formoso
  
Alcaldesa de Muros
 
2004 - 2007
Sucesor:
Domingos Dosil Cubelo
Predecesor:
Domingos Dosil Cubelo
  
Alcaldesa de Muros
 
2011 - 2015
Sucesor:
María Xosé Alfonso

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar