Cariña
Unha cariña ou emoticona[1] é unha sucesión de caracteres especiais que representan caras humanas e que se emprega en Internet para expresar o estado de animo de quen escribe.
Historia
editarCando a fins da década de 1970 se popularizaron as BBS entre os especialistas informáticos dos Estados Unidos nos que intercambiaban mensaxes de texto nos que as bromas, chistes ou a retranca non sempre se entendía como tales interpretándose literalmente o texto. Para evitar iso xurdiron formas de transmitir sentimentos polo texto como escribir a palabra joke (broma) ó final dunha frase graciosa para defini-lo seu contexto.
Un enxeñeiro especialista en intelixencia artificial, Scott E. Fahlman, propuxo ós usuarios dunha BBS en 1982 utilizar :-) para expresar un texto en broma e :-( para expresar un texto serio, denominou a esta sucesión de caracteres smileys. Pouco a pouco outros usuarios comezaron a empregalos e fixéronse populares e seguiron cando Internet se fixo algo cotián e pasaron ás mensaxes de texto dos móbiles.
Actualmente desenvolvéronse máis cariñas para expresar diferentes sentimentos, accións ou personaxes e moitas veces aparecen substituídos por auténticas caras ou bonequiños.
Exemplos
editar:-) sorriso :-( tristura ou enfado :/ algo descontento :-D moi contento :-P saca-la lingua ;-) chiscadela :-o sorpresa :-7 raro xD risa :\/ boca grande (°< pac-man @:-) muller con pelo recollido 0:-) Santo, inocente. :-E Drácula. :* bico. :@ carraxe
Cariñas xaponesas
editar:(`ヘ´) anoxado :( ´_ゝ`) indiferente
Cariñas gráficas
editarconfuso |
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para emoticona.