Carcinoma lobular in situ

O carcinoma lobular in situ (CLIS), é un termo médico que se refire a cambios neoplásicos non cancerosos nas células que revisten os lóbulos da mama nos extremos distais dos condutos mamarios.[1] Denomínase in situ, porque a doenza non é infiltrante. Malia que o carcinoma lobular in situ non é un cancro, a súa presenza indica un risco maior na aparición de cancro de mama, aínda que non todas as pacientes cun carcinoma in situ, incluíndo os peores casos, desenvolven cancro de mama.[2] O carcinoma lobular in situ é máis frecuente en mulleres que aínda non chegaron á menopausa. Descrito por primeira vez por Foote e Stewart en 1941, constitúe entre o 3 ao 5% dos carcinomas da mama e é, polo xeral, unha doenza de mulleres premenopáusicas.[3]

Carcinoma lobular in situ
Clasificación e recursos externos
Carcinoma lobular in situ, tinguidura hematoxilina-eosina, 20x
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Histoloxía editar

O CLIS é unha proliferación sólida e oclusiva dos lóbulos e outros condutos perilobulares. Os acinos das glándulas vense dilatados e ocupados por células pequenas e polo xeral uniformes, sendo pleomórficas só na afectación ductal do carcinoma, é dicir, cando aparece nos condutos mamarios. Estas células non invadiron os tecidos máis profundos do seo, nin se propagaron a outros órganos do corpo.[4] De cando en cando vese necrose ou calcificación e de aparecer ocorre nas etapas máis avanzadas da doenza.

Notas editar

  1. SILVERA ARENAS, Luz Alba, CAEZ, Clara, CAMARGO, Patricia et al. Análisis de los factores inmunohistopatológicos (receptores hormonales, estrógenos, progesterona y ERB-2) asociados al pronóstico del cáncer de mama en la población de Barranquilla (2004- 2005). Salud, Barranquilla. [online]. jul./dic. 2007, vol.23, no.2 [citado 24 septiembre de 2008], p.150-161. Disponible en la World Wide Web: [1]. ISSN 0120-5552.
  2. Breast Cancer Network of Strength. "Carcinoma Lobular in Situ". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2008. Consultado o 02 de maio de 2018. 
  3. F. Ignacio Aranda López. Carcinoma Lobulillar in situ. Problemas diagnósticos y significado clínico (en español). IV CONGRESO VIRTUAL HISPANOAMERICANO DE ANATOMÍA PATOLÓGICA.
  4. Sociedad Americana del Cáncer. Cáncer del seno Arquivado 02 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en español). Último acceso 24 de septiembre de 2008.