Carbon (filme de 2022)
filme de 2022 dirixido por Ion Borș
Carbon é un filme moldovo de 2022 dirixido por Ion Borș. É unha coprodución internacional entre Moldavia, Romanía e España. Foi escollido como candidato de Moldavia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Carbon | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Carbon |
Director | Ion Borș |
Guión | Mariana Starciuc |
Intérpretes | Dumitru Roman Ion Vantu Igor Caras-Romanov |
Música | Serghei Kharlamov |
Fotografía | Ruben Agadjanean |
Estrea | 2022 |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Moldavia Romanía España |
Xénero | Drama e comedia |
Na rede | |
Sinopse editar
A historia está ambientada na Moldavia de comezos da década de 1990. Conta a historia de Dima, que quere alistarse nas tropas que combaten na fronteira de Transnistria. Vasea, veterano da guerra de Afganistán, únese a el, mais de camiño á fronte atopan un cadáver carbonizado.
Personaxes editar
- Dumitru Roman como Dima
- Ion Vantu como Vasea
- Igor Caras-Romanov como Primarul
- Adriana Bîtca como Ileana
- Viorel Cornescu como Politistul
- Ion Coseru como Petrica
Notas editar
- ↑ ""Carbon" directed by Ion Borș among Oscars submissions". IPN Press Agency. 21 de setembro de 2022. Consultado o 21 de setembro de 2022.