Carbónicas Landeira

empresa galega de refrescos

Carbónicas Landeira é unha empresa galega adicada a fabricación de refrescos con sede en Santa Comba cuxa historia se remonta á creación dunha fábrica en 1945 por Antonio Landeira Landeira. É a fabricante de refresco La Pitusa, que ofrece sabores de mazá, cola, limón, laranxa, ademais da gasosa.

Carbónicas Landeira
Logo
Tipoempresa de alimentación
Data de fundación1945
SedeSanta Comba
PaísGalicia
Na rede
https://www.carbonicaslandeira.com/
editar datos en Wikidata ]

Na actualidade, Carbónicas Landeira S.A. xa conta nas súas filas coa incorporación efectiva da terceira xeración familiar, quen asumen as áreas de produción e comercialización. As instalacións produtivas e embotelladoras ocupan unha superficie de máis de 3000 metros cadrados con dúas liñas independentes de envasado, vidro e pet e capacidade para máis de 10.000 botellas hora. As áreas de negocio actuais confórmanas, por un lado a produción e embotellado de bebidas refrescantes, contando con marca propia (Splity) e autorización para marcas nacionais (Pitusa, Zar, Coral) e por outro lado un canal de distribución propio na zona noroeste da provincia da Coruña.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar