Caranza, Ferrol

barrio da cidade de Ferrol
(Redirección desde «Caranza»)

Caranza é un distrito de Ferrol. Situado no alfoz da cidade, a rentes do mar, ten a súa orixe no ano 1970 cando o Ministerio da Vivenda franquista ordenou a súa construción coa idea de que servise de aloxamento ás familias expulsadas mediante expropiación do antigo barrio de Esteiro, que foi demolido en 1974 polos planos urbanísticos. O novo barrio foi inaugurado o 22 de agosto de 1972 coa práctica totalidade das edificacións finalizadas. A entrega das novas vivendas, xa rematadas, viuse sometida a un escandaloso atraso, obrigando á maior parte das familias (de orixe obreira e humilde) a malvivir en barracóns durante máis de tres anos. No ano 1977 nunha acción espontánea e non organizada as casas comezan a ser ocupadas pola forza, sen maior oposición por parte das autoridades.

Modelo:Xeografía políticaCaranza, Ferrol
Imaxe

Localización
Mapa
 43°28′47″N 8°12′11″O / 43.47975, -8.20309Coordenadas: 43°28′47″N 8°12′11″O / 43.47975, -8.20309
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña
ConcelloFerrol Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Caranza constituía parroquia de seu, e está documentada xa no século IX como Santa María de Carancia. En 1940, ao ser anexado o concello de Serantes polo de Ferrol, pasou a ser parroquia rural de Ferrol[1] e dende os anos setenta, coa construción do polígono residencial, en distrito da cidade.

O barrio, axiña convertido nun enclave-dormitorio para os obreiros da cidade, sufriu relativos abandonos por parte do poder municipal, configurándose cada vez máis a súa situación marxinal, e pasando a dotarse de moitas infraestruturas e actividades por iniciativa propia dos veciños, especialmente no ámbito deportivo. Iso tamén contribuíu a forxar parte da conciencia de barrio e do orgullo dos seus habitantes.

Na década de 1980 sufriu dun xeito especialmente intenso as consecuencias da crise naval, pasando a albergar unha boa parte dos novos parados ou afectados polas reconversións navais. A isto hai que sumarlle o impacto da heroína na súa mocidade, que o converteu durante boa parte dos anos oitenta nun dos lugares máis deprimidos, marxinados e violentos de Galiza, afectándolle tamén a consecuente caída demográfica conforme ían pasando os anos.[2]

 
Carril bici en Caranza

Na década de 1990 o poder municipal levou a cabo unha serie de iniciativas, coa finalidade de mellorar as súas infraestruturas, en especial o transporte, e tamén o seu aspecto externo. Unidas á proximidade e posterior desenvolvemento do polígono comercial da Gándara, estas iniciativas normalizaron un tanto a relación do barrio co resto da cidade.

A comezos do século XXI construíronse un polideportivo, nomeado Xavier Gómez Noya,[3] unha nova igrexa[4] e un centro de día de maiores.

Educación editar

No barrio hai un colexio público, o CEIP Manuel Masdías (entre As Casas do Paseo, As Grises e o Mercado Municipal de Caranza), dous colexios concertados e de ámbito relixioso, o Santa Xoana de Lestonac, da Compañía de María (nas Casas de Xava), e o La Salle Ferrol dos Colegios La Salle.[5] Tamén hai un instituto, o IES Carballo Calero, e un centro de formación, o Rodolfo Ucha Piñeiro.[6] Tamén se atopa aquí o Conservatorio de Música Xan Viaño. Antes había outro colexio, o Santa María de Caranza.

Seguridade editar

O barrio de Caranza ten fama de ser un dos barrios menos seguros de toda Galiza pola grande concentración de colectivos marxinados pola sociedade (pobo xitano) e a gran presenza de drogas nos anos 80.

Actualmente, o barrio de Caranza volve a ser un barrio relativamente tranquilo, exceptuando situacións puntuais como unha alerta por bomba [7] ou batallas entre bandas conflictivas polo control do territorio. [8]

Deporte editar

O club Sociedad Cultural Deportiva Recreativa Galicia de Caranza, nado a finais dos anos vinte do pasado século, é o referente deportivo e futbolístico do barrio, xogando en Terceira Rexional Galega.[9]

Notas editar

  1. "Caranza". IES Ricardo Carballo Calero. 
  2. La generación perdida de Caranza
  3. El complejo de Caranza ya lleva el nombre de Javier Gómez Noya
  4. "Nueva iglesia para Caranza". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  5. "Historia do Colexio". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  6. "CIFP Rodolfo Ucha". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2013. Consultado o 26 de maio de 2013. 
  7. "Una caja vacía en Batallones activa la alerta en Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-05-09. Consultado o 2023-12-11. 
  8. "Robos y reyertas marcan en Ferrol los barrios más castigados por la droga". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-09-04. Consultado o 2023-12-11. 
  9. "Galicia de Caranza". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar